** Escándalos nos concertos de Sabina e Serrat
Indignante, bochornoso, vergoñento, irrespetuoso, de mala educación, aproveitados e un sinfín de adxectivos calificativos sirven para expresar o lamentable feito vivido onte en Pontevedra por centos de persoas que, con entradas na man, se quedaron coas gañas de asistir ó concerto que Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat deron na prazade de touros da cidade do Lérez.
E eu que pensaba que o overbooking so pasaba nos avións. Pois non. Se xa non era suficiente, a alguén se lle ocurriu vender máis entradas das que permite o aforo da Praza de Touros de Pontevedra. Cando estivo cheo pecharon as portas, e a xente que chegou logo, que pagou relixiosamente as entradas para ver a eses dous grandes cantantes se quedaran coas ganas. Por unha vez que a Sabina non se lle deu por suspender o concerto voluntariamente por capricho ou excesos persoais.....
ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario