domingo, 1 de xullo de 2007

** QUE RABIA DA CANDO......!!!!

...P or fin, despois de meses de clases,cursos, apuntamentos, papeis, temas, exames, nenos, rapaces, adolescentes, frío, choiva, mal tempo etc, dispós, por fin, duns días libres para ti. Por fin unha tarde enteira libre para facer nada. O que máis me apetecía, por suposto, era pasar ese tempo na praia. Xa mo estaba imaxinando,o Lorenzo tostando a miña pel mentres me sumerxo neses mundos novos e descoñecidos que esconden todos eses libros que tiña pensado ler agora, a auga o fondo para refrescarme cando a insolencia do Lorenzo fose demasiado incluso para min.


Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    Sol, praia, mar, libros, cremas protectoras, toalla, bikini, bañador .... todo no fondo da bolsa, imposibles de ser usados e á espera de tempos mellores. inútiles. Pasa un día, pasa outro, xa vai a primeira semana de vacacións malgastada. Comeza unha nova semana. Esta parece que si, o fin de semana, coma sempre, nin rastro de sol e por tanto de praia, pero parece que o resto da semana estará boa. Por fin pisarei a area, pertrechada cal toureira, cos meus apeiros veraniegos. Ja, ríete ti do verán, do bo tempo, da praia, e da nai que os pareu a todos. Se xa o dicía Alvariño e mais miña nai. O mundo está patas arriba. Vaia mes de xuño que levamos. Facía anos xa que non chegaba a estas alturas do verán tan esbrancuxada. O meu gozo nun pozo, esta a piques de rematar a miña segunda semana de vacacións e aínda non pisei a praia.

    É o que ten Galicia, incomparable noutros aspectos, pero o tema do tempo atmosférico non está do noso lado. Ahora entendo a eses turistas incondicionais que nos empezan a poñer os cornos económicos. Galicia é a monda, non temos nada que envidiar en temas de praias, gastronomía, paisaxes, monumentos e demais, pero a climatoloxía non está con nós. É comprensible que, cando por fin tes uns días dispoñibles, prefiras aseguralos decidindo pasalos entre a marabunta de Marbella e non encerrado nun piso na costa galega vendo os "insufribles remix-programas basuriegos" que as teles nos preparan para estas datas.

    O bikini novo segue sen estrear, a este paso, cando vaia poñelo xa non me collera. O bo do asunto é que con tanto tempo, case levo rematada xa a miña axenda literaria para estes dous meses. Algunha suxerencia????



ARTIGO REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Pois si, o tempo está raro e eu tamén me sinto un pouco raro, non sei se será que son raro ou se será que o tempo raro me está virando raro, pero se verdadeiramente son raro por qué había de influírme o tempo, un raro é un raro sempre e en todo lugar. Quero dicir, que os raros somos raros, non importa que faga bo tempo ou que chova, un raro é un raro, para qué cambiar, pero…¿son raro ou síntome raro? Non sei... é un tema complexo. Vou ter que meditar un minuto, meditando un minuto, xa está, xa o teño, son raro e por riba síntome raro. Detesto o calor, xa volo dixen, son raro. O calor aféctame negativamente, ponme colorado e faime dor de cabeza. Ata aquí ben, entón por qué me sinto raro, si este verán non vai calor. Quén sabe, os raros somos así, un pouco incomprensibles, xa se sabe. Non vos creades, ser raro tamén ten o seu aquel, hai que comportarse excentricamente a miúdo, é dicir, hai que facer méritos, traballar o tema, senón deixas de ser raro e pasas a ser normal, outro máis, outro clónico. Obviamente, tampouco é que me custe moito. Ser raro e coma ser moreno, unha característica persoal, definitoria, un rasgo de carácter. Ser raro xa implica unha tendencia innata cara os comportamentos raros, aínda que as virtudes, os dons cos que nos agasalla Deus, tamén hai que cultivalos, é dicir practicar e practicar, marcarse unha meta e superala. Pois, a min, o pensamento único non me interesa, e dende aquí, e aproveitando que o coordinador do tinglado este mo permite, vou reivindicar o meu status de raro, son raro e síntome raro, uns teñen caspa e a outros chéiranlle os pes, ¡viva a variedade! Oíches, non é por ofender, pero ti tamén me pareces algo raro, si, ti, chegaches ó final, leeches todo, interésanche os raros, non serás ti un máis. Tranquilo, non pasa nada, son Alvariño, un ser empático e asertivo e raro. E falando de empatía e asertividade, aproveito para recomendarlle a María un libro que me encantou, Intelixencia Emocional, de Daniel Goleman. ¡Bo verán ¿raro?!



Alvariño Miranda

Óese

Anónimo dixo...

Ola raro, aquí, ó parecer, outra rara. Grazas pola recomendación. . Tomo nota, non coñecía nin o libro nin ó autor, non me soa de nada. O que pasa é que a min eses libros tipo ensaios de autoaxuda, non sei yo ehh. Non son moito do meu estilo. Son máis de prosa narrativa, xa ti sabes. Pero tomo nota.

Julio Torres dixo...

O que escribe estas letras aínda non pisou a praia. Agardo que mañán me reencontre co Lourenzo, as gaivotas, a area e a auga do mar (por favor que non estea fría!!!)

Carpe Diem

P.D.: Por aquí xa está inundado de touristas. E digo eu, non podían vir máis repartidos ó longo do ano e non en plan concentración so en dous meses....