** ¿E hoxe que temperatura vai facer? ¿Que toca?
O mundo está tolo, tolo, tolo era o título dunha afamada película. Permitídime que parafraseando este título manifeste -seguro que tod@s estaredes dacordo- O TEMPO ESTÁ TOLO, TOLO, TOLO. O domingo pasado Sanxenxo, entre outros sitios, parecía sumido en pleno inverno. Semellaba que o domingo 22 era un día de temporal invernal con tanta choiva e mal tempo que había. Hoxe, apenas unha semana despois, parece que estiveramos no Sáhara, con temperaturas que superan os 30 grados. Onte sen ir máis lonxe, destas horas facían 29 grados. Durante o día pois máis, claro está. Hoxe tres cuartas parte do mesmo e mañán igual. O martes parece ser que baixa algo a temperatura do "cocido" ou do "frito". Estes días xa non fai falta fritir os ovos, as patatas, a carne, porque para frititos xa estamos todiñ@s nós....Levádeo con ánimo. Dicía un filósofo que "en el medio está la virtud". Pois si, eu non quero nin asarme nin morrer de frío. Está ben a calor, pero que se poida soportar!!!!.
Carpe Diem
ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario