** Reflexións II. Reflexións veraniegas
A Lareira e os larereiros (chamábamonos así) tan dados ás citas e refráns seguramente me dirían que non hai mal que por ben non veña, e que todo sucede por algunha razón. Tamén que non hai mal que cen anos dure.
García Márquez (xa sabedes que son "fan") pola contra, podería dicirme aquelo de que ninguén se merece as miña bágoas e que quen sexa digno delas non me fará chorar, ou que se cadra Deus quere que coñeza moitas persoas equivocadas para que, cando por fin apareza a adecuada, a poida recoñecer.
Citas, refráns, frases sabias e populares para dar e tomar. Por unha vez vou tirar delas e facerlles caso, porque se cadra, teñen o seu de certo.
Ás veces precisamos que algo ou alguén aparentemente alleo a unha determinada circunstancia apareza ou se cruce nas nosas vidas para darnos conta doutras cousas.
ARTIGO REMITIDO POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Antes de nada dicirche que lin hoxe o teu artigo. Como sabes estiven varios días sen PC e teño algúns artigos pendientes de publicar a día de hoxe. Creo que son 4: un recuncho literario, un que Rabia da cando...!!, un artigo e unha enquisa. Paciencia!!!
Dito o cal, e pedidas disculpas polo retraso en ler e publicar o teu artigo (extensible ó resto de persoas que me enviaron as súas colaboracións) dicirche que SÍNTOO MOITO María, aínda que a parte final do artigo desprende unha nova posibilidade que ougallá se cumpra para ben. Ó mellor o reloxio de tinta sangre de corazón que simboliza a última imaxe é un presaxio de boa sorte no terreo sentimental.
Deséxote que as cousas che salgan como ti esperas.
Pensa que ó mellor é mellor levarse un disgusto a tempo que tarde.
Carpe Diem.
Julio
--------------------------------
NOTA SOBRE A VISUALIZACIÓN DOS ARTIGOS COMPELTOS: Desde onte cambiei o sistema para ver o artigo completo. Inaugureino onte co que Rabia da Cando...!!! Espero as vosas opiníóns para saber se vos gusta máis éste ou o antigo que se abría nunha ventana nova...
María, non te cortes, podes plaxiarme canto queiras. A min tamén me gusta García Márquez, pero teño que recoñecer que levo medio ano lendo Cien años de soledad e inda non dei pasado da metade do libro. Debe ser de difícil lectura, será eso, ¿será eso? A túa reflexión gustoume, certo é que non podemos controlar o futuro, pero certo é tamén que o río da vida flúe cada día, e despois dos rápidos e as fervenzas sempre veñen os remansos. Ás veces hai que deixarse levar, sorrir e disfrutar e o que teña que vir xa virá, ou ó mellor xa chegou, ou ó mellor non, ou ó mellor si, ou non, ou si, non, si,... ¡Ai, quén o puidera saber! Como facenda se portou tan requetemal comigo estáseme ocurrindo unha idea para financiar o meu viaxe a Roma: tarot Alvariño on line, despexe as súas dúbidas, ¡¡o río Miño desemboca en Tui !!
Lévame contigo a Roma Alvariño. Claro que .... ben pensado, igual en plena viaxe turística che da unha crise desas das túas e te me pos a reflexionar en plan raro ou non raro e uffff, para comeduras de tarro xa estou eu. Non sei, teño que pensalo, igual non é boa idea que me leves.
Por certo Julio, aproveito para dicirche que me gustou moito o reloxio ese de area que me puxeches ahí para acompañar o meu artigo e para darche as grazas pola túa preocupación e o que me dis, pero aínda que non o pareza, este artigo é moi positivo. Estou agradecida á vida polas leccións que me vai dando e por poñer a certas persoas nela. En serio, non sei a sensación que a lectura do artigo vos dará os demáis, pero de verdade que tentaba ser positivo.
Publicar un comentario