martes, 10 de xullo de 2007

** A felicidade nos humanos...O mellor escondite

O s humanos non poden ter a felicidade. Dicíano os deuses. «Crearemos aos humanos, pero esconderémoslle a felicidade para que nunca sexan perfectos». Un deus dixo:

-Hai que esconderlla debaixo do mar, no máis profundo dos océanos.

Os demais dixeron que non, que fixeran aos humanos listos e que chegarían ata alí, inventarían submarinos e atoparíana.

Outro deus dixo:


...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    -Porémola encima da máis alta das montañas. Non a alcanzarán.

    Os demais a un tempo tapáronlle a boca:

    -Non. Fixaranse nos paxaros. Inventarán dirixibles. Farán avións, helicópteros. Rubirán ás montañas. Faranse escaladores, pilotos. Descubrirana e cando a teñan, cando teñan a felicidade nas súas mans, deixarán de ser humanos.?Hai que escondela mellor.

    Estiveron pensando e entón falou o máis sabio dos deuses.

    -Ocorréuseme o mellor lugar posible. Un lugar no que nunca mirarán. Son curiosos e sempre buscan fóra. Así que a esconderemos no interior do seu corazón. Cada humano levará a felicidade escondida dentro do seu propio corazón. Xamais mirarán aí. Intentarano en todas partes e fracasarán porque non saberán que a levan con eles. Así nunca deixarán de ser humanos, de ser curiosos, de buscar e volver buscar. O mundo en marcha grazas aos humanos insatisfeitos.

    E os deuses aplaudiron felices. O cofre do tesouro da felicidade sería o corazón dos homes e as mulleres.?Un humano satisfeito é un humano morto.



    HUMANOS
    CÉSAR CASAL, xornalista
    Artigo de opinión publicado en "La Voz de Galicia" (01/07/07)



Enviado ó blog por: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Que bonita e certeira historia. Encántame. Gracias Maria por enviárnola.