** TRIPLETE HISTÓRICO DO F.C.BARCELONA!!!!
UN ANO EXCELENTE. UN 10 REDONDO. O F.C.Barcelona gañouno todo este ano, ou sexa os tres títulos: Champions League (Copa de Europa), Liga e Copa do Rei. É a terceira Copa de Europa para o Barça, logo das conqueridas en 1992 e 2006. Un extraordinario partido no que lle gañou ó Manchester por 2-0, goles de Etoo e Messi. Nunca antes un equipo español gañara na mesma temporada os tres títulos, e en Europa é o quinto que consegue os tres títulos (Liga do país, Copa do país e Copa de Europa). Nos anos 60 foi o Celtic de Glasgow, nos 70 o Ajax de Amsterdam, nos 80 o PSV Eindhoven e nos 90, o rival dos azulgranas na final de hoxe: o Manchester United.
Triplete de títulos totalmente merecido polo conxunto azulgrana que despregou un extraordinario fútbol nas tres competicións esta temporada. Chapeau ós futbolistas (por certo, no once titular, sete dos once xogadores formáronse na canteira do equipo barcelonista) e chapeau a un técnico debutante de nome Guardiola, mítico futbolista culé e, agora, mítico adestrador. O ano pasado entrenaba en terceira e este ano, conqueriu os tres títulos. Ningún adestrador de ningún equipo grande pode dicir isto na tempada do seu debut en primeira división.
Ano histórico e inolvidaba para o F.C.Barcelona e os seus aficionados, entre os que me inclúo. A disfrutalo, que so pasa unha vez na vida!!
ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Vaiche a caer a baba, polo chan Julio. Non salpiques tanto ós demais. jajajajajajajajajaja
A pesar de ser do Barça, o que escribín aquí é totalmente obxectivo. É un éxito que se valorará máis co paso dos anos. E por fútbol non hai ninguén que dubide de que o F.C.Barcelona o merecese.
Moucho, mira que os do Madrid non sabedes recoñecer o mérito dun equipo extraordinario O DESTA TEMPORADA 2008-09. É algo totalmente obxectivo todo o que digo. Loxicamente alégromo moito como barcelonista, pero non digo nada que non sexa certo. Por suposto, estou moi contento con estes éxitos. Faltaría máis. É lóxico.
Uisss eses piques por deus. Menos mal que este non era un blog no que se puidese falar de politica. Pois estes piques Madrid- Barça non sei porqué, parece que tivesen ata tintes de trasfondo político.
Je je, relax mozos, que hai para todos, je je.
María, son Julio: de política nada de nada. Iso non vai conmigo. Eu so son do Barcelona deportivamente falando. Non me gusta as guerras políticas Madrid-Barcelona ou de calquera outra índole. So deporte. Loxicamente, hai que disfrutar dos éxitos. Hoxe tócalle ó Barça. Outras veces tocaralle ó Madrid. Aínda que gañar 3 títulos é moi complicado.
Carpe Diem (nunca mellor dito)
Je je, xa sei jo, pero o pique aínda que deportivo, segue estando aí. O cal tampouco é que sexa malo. Polo menos para A Lareira, mentras haxa pique, hai comentarios, je je.
Noraboa os culés.
Felicidades a todos os do Barsa.
Moitas gracias Sonia!!!! Agora a ver se se salva o Celta. Agardemos que sí!!!
Publicar un comentario