** Con etiqueta de gran reserva. Naturalmente
Non, non falo de viños, senón da magnífica noticia de que o Parque do Xurés (na provincia de Ourense) e a Illa de Fuerteventura, acaban de ser declaradas reservas naturais da Biosfera pola UNESCO. Desta maneira xa son 40 reservas naturais da biosfera declaradas en España. A día de hoxe a nivel mundial hai 551 lugares que ostentan este distintivo. A natureza está de noraboa, nunha sociedade enladrillada ata enriba do mar. Ougallá que a lista da UNESCO siga a incrementarse e se premie aínda máis á natureza. Gañamos todos (menos os inconscientes é avaros cartos en mans alleas ó sentido común da vida).
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Bo día! É unha ledicia. Tes razón, estamos rodeados de tanto ladrillo.......... que este tipo de cousas enchen.
¿Que faríamos sen poder sentir a agradable brisa do mar, as olas batendo nas rochas, contemplando un verde prado, un bosque en primaveira escoitando os sonidos que o envolven........? So as veces somos conscientes da maravilosa natureza, do que nos rodea.
Apreciemos a nosa terra, pois é única.Cuidemos o noso planeta (engádome a primeira), deixemos para os futuros cidadáns a posibilidade de contemplar un atardecer no campo, no mar, o son dos grilos...e que non vivan so nunha cidade chea de pedras, sen árbores, en fin ....está nas nosas mans.
Alegrame tamen está noticia tan importante, pero non debemos parar na ampliación e creación de novos parques naturais ou zonas protexidas. Ainda existen moitisimos lugares dignos de protexer que se ven ameazados por constructoras que tratan con alcaldes, convertir estas zonas en junglas de asfalto. Eso si, temos tamen que pensar nos propietarios das fincas afectadas por estas zonas verdes, e pensar en solucións para dar unhas compensacións xustas por non poder usar estos terreos. Este é un gran reto que temos que conseguir, e si salvamos este atranco, as zonas verdes estarán mellor protexidas. Ah, e ollo ós incendiarios (moitos deles soe ser a xente que se dedica a apagar os incendios), pois non deben pensar que para manter ano tras ano os seus postos de traballo, hai que plantarlle lume de vez en cando ó monte. A avaricia polos cartos é un gran problema que ameaza a natureza. E non olvidemos a fauna que vive nestas paraxes. Todo fundamental para poder conservar o noso patrimonio natural.
Por certo non podemos permitir que as licencias de obras, sexan a mellor fonte de ingresos para os nosos axuntamentos. Temos que achar solucións
Publicar un comentario