venres, 24 de xullo de 2009

** Un sono, unha esperanza, agarda do outro lado

Da man do soliloquio de Segismundo, afirmaba Calderón de la Barca que “toda la vida es sueño,y los sueños, sueños son”. Xa se sabe que nesta vida todo é relativo. Os soños son un bo exemplo. Uns son utópicos e so posibles na imaxinación. Outros non, éses pódense acadar. Con máis ou menos esforzo, por suposto. Conquerir o traballo ansiado, a moza ou mozo desexad@, realizar esa anhelada longa viaxe por alén das fronteiras,... O refraneiro popular tráenos excelsa esperanza ó sentenciar que “quien la sigue, la consigue”. Claro que para ligarse a Elsa Pataki, a Diana Palazón ou a Sara Carbonero hai serios impedimentos polo camiño, pero todo, todo pode ser. Non é utópico, se acaso platónico, que din...

Céntrome. Falaba dos soños e das súa posibilidades de facerse realidade. De entrada hainos que son posibles e outros que son case imposibles. Unha perogrullada o que estou a dicir, xa sei, pero convén lembrala. A insistencia tamén conta: que aquel home ou muller che dera calabazas nun primeiro intento non significa que o volte a facer de novo. A vida da moitas voltas. O que hoxe é azul, mañán pode trocar ó verde e pasado máñán converterse en vermello sen que sopre moito vento. De forma paseniña pero certeira e segura, sen levantar apenas sospeitas. E é que non hai que dar nada por irrealizable. Co traballo, coas viaxes e con outros moitos aspiracións ou ilusións pasaría algo semellante. Insistencia e tesón, querido lector, insistencia e tesón. Loitar polo que cobizamos e co traxe do esforzo e a paciencia por tarxeta de presentación.. Ésa, ésa é a clave. Ademáis tamén é mester engadir que “el/la que no arriesga, no gana”. Confirmado.

O mundo dos soños é profundo e vericueto. Son realistas unhas veces, surrealistas ou abstractos outras. O outro día alguén a quen aprecio moitísmo díxome: “soñei que eras presentador dun informativo na televisión e levabas traxe e garabata” A miña sorpresa foi total e sentinme halagado. Non tanto por ese soño en sí, senón por vir de quen viña. Nunca traballei nunha televisión (sí nunha radio), pero ¿quen sabe?: todo pode ser, nunca pecho portas. Todo é posible, repito. Aínda que, de escoller, quédome coa radio...

En 1995 nunha viaxe que fixemos un grupo de amig@s a Tenerife, atopámonos cun estrano e enigmático home que se atreveu a dicir o qué íamos ser ó cabo duns anos. Logo de pechar brevemente os ollos e suxeitarnos pola man, a min díxome que ía ser profesor. Pensaredes que se equivocou, que non dixo nin traballador social nin xornalista. Pois non. Aquel home acertou: impartín clases e cursos en bastantes ocasións. ¿Casualidade ou acerto?. Ollo, tamén acertou cos outros amig@s. O que nós pensamos que somentes eran soños dun home misterioso, terminou cumpríndose. Non errou....

Os soños sempre significan algo ou iso manifestan moitos entendid@s: ilusións, medos, preocupacións, desexos, atraccións, rexeitamentos, lembranzas…Sempre hai quen nos tenta convencer do porqué deses soños e do seu significado directo ou indirecto. Non ten porqué significar o seu sentido literal, pero pode ser presaxio de algo relacionado co que nel acontece e que hai que saber ler entre liñas. Penso que así pode ser, a pesares dos surrealistas e carentes de aparente sentido.. Un mundo misterioso e complexo o dos soños...Se me escoita Iker Jiménez...

Certo é que os soños, soños son, pero iso non quere dicir que non se vaian cumprir ou que non presaxien cousas e cambios. Doutra parte, os soños pódennos permitir vivir experiencias que na realidade serían impensables. Conteñen altas doses de liberdade e imaxinación emparentados con sentimentos e lembranzas. A imaxinación merécese un premio ¿non si?. Do que tampouco teño dúbidas é de que hai soños que non teñen porqué cumprirse á primeira, ou á segunda. So que hai que loitar polo que se desexa, sexa referente ó amor, ó traballo ou ó que sexa. É mellor tentalo as veces que sexa que terse quedado coa dúbida por non ter insistido. Iso sería o pior. Moitas accións poden cambiar o curso dunha vida. É como o caso de non atreverte a dalo paso co home ou a muller a quen queres pero que non te atreves a pedirlle para que sexa a túa parella. Non lle debemos poñer trabas ós soños que realmente queremos acadar. Xa sei, xa sei, dicilo é moi doado, pero facelo é máis difícil. O primeiro en recoñecelo é servidor.

Remato: Paulo Coelho afirmou "Nunca desistas de un sueño. Sólo trata de ver las señales que te lleven a él". Lembrade que tamén os soños se poden facer realidade...Por si acaso, e como din que “home precavido vale por dos”, irei mercando un traxe e unha garabata...



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

20 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Soñadora dixo...

En dúas palabras: im-prezionante, como diría o outro. A competencia, tremenda. Madre mía, a Pataki e a Palazón. Sara Carbonero non sei quén é, vou ter que documentarme en Google. Pois para a túa información, ademáis de soñar contigo, dende fai cousa dun mes, irá para dous,todos os días me acordo de ti. Todos, todiños os días, sin que falte ningún.
-¿E eso?- poñendo cara de moita sorpresa.
Vouche facer rabiar, non che gustaban tanto os acertixos e os misterios. Hai unha razón. É algo novo, algo que nunca vira antes preto da miña casa. Ten que ver coas vacacións, co descanso, co verán, co mar, co atardecer, co paraíso. Non dou máis pistas. É moi sinxelo. ¿Será unha desas señais das que fala Paulo Coelho? Pois, a verdade, a sinal é grande e fermosa, moi evocadora.
En canto o traxe, non o merques aínda, ten que ser de inverno. Non preguntes nada e faime caso.
-¿Eh?- aquí xa non pos cara de sorpresa, directamente pasaches ó susto.
Bueno, hai que explicarvos todo. E que na Corticela no verán non hai máis que turistas. Vamos, un incordio. Falando dos soños que se cumplen, cando eu era pequena, tería 9 ou 10 anos, houbo un ano santo e os do colexio levaronnos á Catedral. Á Catedral xa fora pero a Corticela descubrina aquel día e pareceume a capela máis fermosa do mundo, antiga, sinxela, recollida, para min é un sitio máxico. Aquel día decidín que se algún día casaba había de ser alí. Vai ter que ser un día de inverno, eso sí. Espero que non sexa un inconvinte.

Julio Torres dixo...

Vaia, noutras dúas palabras: aluci-ante, amiga soñadora!!!!

Conste que sigo preferindo a Diana Palazón que a Sara Carbonero. Esta última é moi guapa, sí, pero creo que bastante creída e algo engreída. E iso a min non me gusta!!!.

Hummmmm soños e recordos. Espero, confío, agardo e desexo que sexa para ben. Por algo bo e non por algo malo.

Adiviña, adiviña....Non me parece tan doado sobre todo porque dis que nunca o viste preto da túa casa...¿Será o sol, o gran ausente no verán 2009?? ¿Ou unha posta de sol? Fíxate que ata me dixeron que hoxe pola mañán chovía moito pola cidade do apóstol. Como estarán os fogos que botarán dentro dun anaco...Iso sí, as señales existen. Senón que lles pregunten á Garda Civil de Tráfico!!!! Aínda que Paulo falaba doutras máis simbólicas e reveladoras cás das estradas, xa sei.

Sobre o misterio do traxe fareiche caso e comprareino de inverno, a proba da choiva. Aínda que o inverno é mala época...En marzo depende e fai moito frío...Se fose junio seguro que estaría mellor...Pero todo sexa por unha boa causa. Fareiche caso.

Por certo: noraboa ós premiados!!!

Soñadora dixo...

A crise é a crise, seguramente tamén lle afectará ó sector turístico. Os concellos, xa se sabe, teñen que facer todo o que está na súa man para atraer visitantes. Creo que o responsable do asunto é o concello de Sanxenxo, non me fixei nas letras, a min chégame coa paisaxe. Máis claro xa non pode estar, colocaron unha valla publicitaria na miña vila. Concretamente, nunha rotonda. Inda me ei de esnafrar contra ela, é que me distrae moito. O sitio, Sanxenxo, paréceme precioso, so lle sobra o pijerío que pasa alí o verán. Pois iso, cada vez que paso por diante da valla lémbrome de ti, do home que vive no paraíso. E si, é un pensamento cargado de positividade, de moito cariño, ti xo sabes. ¿Será a valla un sinal? ¿Quén decidiu onde se ía colocar a publicidade do concello? ¿Quén moverá os fíos das nosas vidas? ¿Movéraos alguén ou todo será froito da casualidade?

María dixo...

Menos mal que soñadora se explicou agora no segundo comentario. Porque eu xa estaba preparando as bombas para a voda. En serio, debe ser q teño eu o día romántico, ou que quero emparellar a alguén ou non sei, pero crin estar vendo amor no aire, je je je.

O moucho dixo...

eu xa non sei si casará ou non casará alguen por ai. Eu solo digo que me inviten a unha voda, que quero comer marisco a reventar. jejejeje.

María dixo...

Vedes? Ao Moucho tamén lle pasou como a min. Menos mal que non son a única que pensa mal.
A min aínda que non me invitedes, non pasa nada. Para este ano xa teño voda de abondo. Quita quita Moucho, o marisco está moi ben, pero pensar en mercar o vestido repolo, a de cartos que hai que desembolsar etc etc etc.
Uff, xa me da pereza só pensalo.

O moucho dixo...

AY. !as mulleres complicadesvos tanto complicadas para ir a unha voda¡ O importante é pasalo ben, vaias de repolo ou vaias de bikini.

O moucho dixo...

Por certo, si vas con un bikini sugerente, apostoche a que atraeras as miradas de todos, mais que con un vistoso traxe de repolo.
Probao

Julio Torres dixo...

Non o dubides: as vallas sempre son sinais amiga soñadora. Para ben ou para mal. Así que xa te vexo vindo por Sanxenxo...

Sobre o do pijerío estou totalmente dacordo contigo. Eu sempre aconsello á xente que veña a Sanxenxo o resto do ano. É cando mellor se está. Non me parece lóxico nin cómodo vir en Julio e Agosto porque un pobo de 17000 habitantes que se convirte en preto de 100000 no verán é unha burrada. O bo que ten Sanxenxo é que é un pobo. Se ese pobo se convirte nunha cidade, pois o encanto de pobo queda diseminado e non se pode apreciar o verdadeiro encando dun pobo mariñeiro. Por iso que mellor calquera mes que faga bo tempo, que non sexa julio e agosto. Canta menos xente hai, máis bonito é o pobo. Claro que se o que bucas son multitudes pois entonces a cousa cambia. Servidor, insisto, teno claro. Se fose madrileño, asturiano, portugués, etc. viría a Sanxenxo na primavera ou en septiembre ou octubre.

Por certo, amiga soñadora, benvida a A Lareira Máxica, que se me olvidou dicirche. Xa nos contarás cómo vai o da boda. Insisto noraboa, e xa me invitarás!!! Felicidades.


Gracias tamén a O Moucho e a María polos vosos comentarios. Por certo, o marisco tamén me vai, o malo é que este ano xa cubrín o cupo de bodas. Xa tiven dúas nun mes.

E falando de bodas, o outro día fixen unha enquisa que me dicía que me ía casar no 2011...Aí tedes outra boda, jejeje. Moucho, María.

Soñadora dixo...

Julio, non frivolices co tema da voda que é serio. É máis, estou segura de que moita xente se ten casado con menos cariño e menos complicidade. Ó mellor temos sorte e ata nos sae ben. Haberá que ir reservando día na capela, creo que hai lista de espera dun ano. A Corticela inda é peor que a Seguridade Social ja ja.
María e Moucho, pola miña parte estades invitados e pola de Julio supoño que tamén. María, do vestido e do regalo non te preocupes, sómosche xente moi sinxela e non creo que a ninguén se lle de por disfrazarse de marqués. Moucho, sinto decepcionarte, mariscada non creo que haxa. Non sei..., unha mariscada no Hostal dos Reis Católicos paréceme moi de novo rico. Supoño que haberá un menú axeitado ó evento e ó lugar, pero sen demasiados excesos. Con todo, procuraremos que os nosos invitados non pasen fame. Non vaia ser o caso dun veciño meu que cando chegou a casa, despois da boda do fillo, quentou o caldo da fame que traía. O 2011 está ben, moi ben, agora temos que decidir o día e o mes. Iso vai ser cousa do noivo, eu xa elixín moitas cousas. A propósito, Julio, díxenche xa que o noivo eres ti ¿non?

Julio Torres dixo...

Soñadora, non mo dixeras,non. Acabo de enterarme. Pensei que o cartel ía por un lado e o da boda por outro distinto e que o noivo era outro (de aí o de "noraboa ós premiados". Así, non me estrañes que me digas que frivolicei. Con razón. Eu que xa me vía en dúas bodas e resulta que as dúas se van a unir nunha!!!. Vaia, acabo de quedar sen palabras da emoción!!!.

Cariño e complicidade xa sabes que existe moita. Por certo, o día e o mes, o que ti elixas. So que non faga moito frío e mal tempo -a priori, claro está- que senón María váisenos resfriar co seu vestido e o Moucho co seu frac. E os noivos nin che conto

Agora so falta invitar a Alvariño e ó resto de colaboradores habituais do blog (algunha persoa que empeza por M xa hai tempo que non dá sinais de vida...¿hai que seguir consideraándoa como colaboradora habitual?).
Bueno, sempre e cando Soñadora non poña inconvintes, que non creo.

Vaia, se ó final vai resultar que a enquisa do "caralibro" (FB) ten razón. Vaia que sorpresa grata!!!!

Un biko Soñadora
Julio

P.D.: Estou dacordo con todo o que dis nos comentarios, Soñadora.

María dixo...

Aquí a persoa que empeza por M di: ui ui ui, isto promete. Je je. Iso por unha parte.
Pola outra: o do "titalo" ese de colaboradora ...... non sei que decirche, ti mo outorgaches, ti mo podes retirar cando o consideres oportuno. Iso si, quedarías fatal ehh jajaja. É coña.
E sinais si que dou, anda que non. Eu estou sempre aí, unhas veces máis visibles, outras menos, pero sempre ando por aí. O que pasa que se me esgotaron as ideas, ou iso parece. Agora mesmo preciso centrar todas as miñas neuronas (bueno, tampouco hai que alardear, total, so eran 2) nas clases, xa sabes como vai isto Julio. Pero xa sabes tamén, e ves, que en canto se me ocurre algo ou leo algo que me parece interesante etc, envíocho.
O da redacción propia xa é outro cantar. Iso nunha tempada me parece que llo vou deixar a Alvariño, que se lle da mellor e estou estou esgotada nese senso.
E máis nada, só que hai que andar máis atento Juliño, que case nos enteramos nós antes ca ti de que casas. Hai que ler entre lineas muxaxoooo, je je.
Bicos a todos/as.

A Lareira Máxica dixo...

María, que non vai por ti, muller. Ti xa sei que eres habitual, como Alvariño ou o Moucho. Que xa sei que me envías cousas para publicar no blog. É outra persoa que tamén empeza por M da que hai moito tempo que non temos novas no blog. Éche ben fácil muller, ti so pensa...

AH, o de ler sobre liñas nunca fun experto. jeje.

Alvariño dixo...

Rapaces, pártome con vos.¿Seica vos fixo mal o calimocho? Madre mía, qué estragos fai o calor. Un consello: ide ó Corte que teñen os aparatos de aire acondicionado de oferta. A ver, qué me entere ben, teño que ir aforrando para o chaqué ou estades de broma. E que eu tamén, coma Julio, ando un chisco despistado.

María dixo...

Jajja. Entre uns que non queren ler nada entre liñas, e outros que parece que queremos ler de máis... Uff, que lío, je je.
En canto o que me di Julio ... vale, xa me pasei de lista. Aissss. Pero tes razón. Agora que o penso, a outra María está máis desaparecida aínda ca min, que xa é decir.
Mariammmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm, onde andas?
Alguén sabe algo da Mariam? Que nos mande novas.
Alvariño, os do Corte ese anglosaxón van ter que poñerte en nómina. Faslles máis publicadade que Baute :P-

Soñadora dixo...

Querídisimo Alvariño, non sei se che deches conta que estamos nun post de soños e ilusións, non sei se che deches conta de que o autor nos animou a insistir, a loitar polos nosos soños, non sei se che deches conta de que tamén se nomeou a palabra que ninguén querería oír: calabazas. A min vanme tocaar calabazas. Unhas calabazas elaboradas e doces, calabazas convertidas en cabello de ángel. En fin, en vez de voda, tocoume ensaimada. ¡Qué se lle vai facer!
A propósito, Alvariño, vense ve que non saes do Corte... Tamén teñen rebaixas na sección de perfumería ¿non?

Mariam dixo...

¡Ola! Eu tamén ando por aquí o que pasa é que me fixen da Irmandade dos Caladiños. Tes razón Julio, debería participar máis. Supoño que vai por temporadas. Bueno, ó tema, bonito artigo, bonita mezcla de soños e ilusións aderezada cunhas pinguiñas de amor. Di Julio, nos comentarios, que non se lle da ben ler entreliñas, pois ler non lerá pero escribir creo que si que escribe. É unha apreciación persoal. Un consello: para diante. A máis longa viaxe empeza cun primeiro paso.

Mariam dixo...

¡Qué ben o temos pasado na Lareira Máxica! Mágoa que a miña tocaya, a outra María, xa non participe tanto. Non se pode leer o post enteiro, apetecíame.

Julio Torres dixo...

Non sei que pasa, pero xa se pode ler o artigo enteiro. Está fallando o script que esconde parte dos artigos e o mostra cando se preta nel.

Cortei polo sano, e eliminei neste post o artiluxio de marras. Se detectades algún post que non se pode ler, avisádeme. Tamapouco se podía ver da outra forma: premendo no título do artículo para lelo enteiro.

Esperoq que o fallo nos scripts de expandir e recoller sexa temporal, pois suporía ter que refacer tódolos artigos de expandir e recoller. Se así fose e o erro perdurará máis alá do día de hoxe, facédeme saber qué artigo queredes ler enteiro e, na medida das miñas posibilidades, ireilles quitando tódolos artiluxios html e scripts a eses artigos. Pero paciencia porque sería un traballo de chinos e so o faría nos artigos que me pedirades.

No referente ó da túa tocaya, estou dacordo ó 100% contigo Mariam (cómpre dicir que Mariam chámase María). Bótase moito moitísimo en falta a outra María, a que firmaba co nome de María. Esperemos que regresa a casa por Navidad, cando menos. Se mal non me equivoco estaba de cumpre o 19 de diciembre....

Mariam dixo...

Agora xa puiden leer o post enteiro. É bonito e interesante. Di unha amiga miña, Manuela, que por amor hai que loitar, loitar e loitar. Ela é así, moi loitadora e supoño que quere convertirme nunha especie de guerrero ninja. Eu teño pouco espíritu bélico, por dicilo dalgunha maneira. Nas guerras sempre hai víctimas, ganadores e vencidos. Danme medo.