** A estas horas hai un neno na rúa...
A canción de Mercedes Sosa que soa de fondo no seguinte vídeo é triste. Sí, pero a súa voz desgarrada vai adicada a unha situación triste de por sí: a pobreza enfocada especialmente nos nenos. Por tanto, sería unha incoherencia que a cancións fose bonita, se o que tenta describirnos é algo terrible e triste. Debe facernos reflexionar: xente que apenas ten de qué vivir vs outra que vive na abundancia.
Hai un pouco consultando a prensa, atópome co seguinte titular "Samuel Etoo está a sólo un millón del Inter de Milán". Refírese a que este gran xogador de fútbol está a piques de fichar polo equipo italiano do Inter de Milán e que "so" (as comiñas son miñas) un millón de euros o separan deste equipo. Vaia por 166 millóns das antigas pesetas arriba ou abaixo...Claro que falan de que pide cobrar 11 millóns de euros anuais e o Inter ofrécelle 10. Será que ó lado de tantos millóns, un arriba ou abaixo... Pero coidado, son moitos os medios de comunicación que vanalizan ese millón de euros, como se se gañara nun ano ou en dous... E ollo, pasou algo parecido coa fichaxe de Cristino Ronaldo: uns falan que o traspaso do ex-xogador do Manchester United ó R.Madrid custou 94 millóns de euros, outros apuntan que 95, outros que 96...Vaia que parece que falan de 1.000 pesetas arriba ou abaixo. E exemplos deste estilo poderiamos poñer moitos. Senón pensade.
Namentres, e como di Mercedes Sosa "a estas horas hay un niño en la calle". Lástima que un deses millóns, arriba ou abaixo, non fose para eles. E así en todos e cada un dos moitos exemplos que se poderían pór en múltiples fichaxes que moitos medios tenden a ningunear ou tildar de flecos. Seguro que este nenos da rúa o ían apreciar non moito, nin moitísimo, senón infinitamente. E para eles non serían flecos, senón cabeleiras enteiras de felicidade...
POR FAVOR MEDIOS DE COMUNICACIÓN, XORNALISTAS E DEMAIS: un millón de euros arriba ou abaixo son moitos cartos, non falamos de calderilla, senón de moitísimos millóns. Non so para a xente pobre da rúa, senón para calquera dos mortais. So que se nota aínda máis na xente pobre, de aí que este artigo-opinión o enlace co vídeo que recibín sobre a canción de Mercedes Sosa. Pero xa tiña pensado escribir sobre o das cifras oscilantes pois paréceme falta de rigor informativo (ou polo menos aclarar porqué outros medios falan doutras cifras e de onde provén o desfase).
VÍDEO REMITIDO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica
ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Tristes, pero certas realidades. A incoherencia do mundo, un mundo patas arriba, un mundo ao revés.
O fichase dun futbolista, a importancia da actuación dunha cantante,.....Véndendos días e días con noticias, qué pretenden ocultar outras realidades. ¿Canto tempo se adica a falar dos nenos pobres, dos que pasan fame, malos tratos, viven na guerra?
¿Cantos cartos se adican realmente a formación, a infraestructura, a ensinanza neses países?
Estamos nun mundo ao revés, e nos formamos parte del e sin querer as veces contribuimos a estas situacións. Triste pero penso que real.
Igual son un pouco dura, pero é a triste realides.
Publicar un comentario