Sin noticias de Palestina
-
Sin Noticias de Palestina es el título de esta exposición presencial de la
Biblioteca de Comunicación y Hemeroteca General de la UAB sobre el oficio
de per...
Hai un día
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Preciosa foto a que nos envía mariam e que foi feita por José Suárez (Mariam: tesnos moi abandoados muller. Xa hai meses que non fas comentarios no blog!!! e todos te botamos moito en falta!!!).
Muller de loito riguroso, moi típico do rural galego. Detrás un hórreo, palabra ésta que varía según a zona de Galicia na que se viva. En Sanxenxo falamos de piorno, noutros lugares chámanlle cabazo, canstro ou, simplemente, hórreo (como en castelán). Pero hai máis términos que varían entre zonas de Galicia moi próximas. Unha das riquezas da nosa terra o seu vocabulario.
Foto antiga, en blanco e negro. Unha muller cos brazos cruzados ou semicruzados mirando como desde un alto para abaixo. Quizás falando con alguén, quizás so observando. CO seu mandil, ó único que non vai de luto. Menuda calor no verán coa roupa de luto.
Odio o luto, odio que a xente se poña de negro, so por exteriorizar o seu dolor, ou máis ben para que a xente non fale. E a min qué me importa o que diga ou deixe de dicir a xente de min. O que me importa é o meu sentimento. Non por levar luto vou botar máis en falta a unha persoa. A dor, como o amor, lévase dentro, no corazón. Aínda que non se exprese, sábese. E iso é o importante.
En fin que isto pode para un artigo enteiro, polo que non vou seguir. Quizás outro día retome o tema nun post.
Publicar un comentario