** A Lareira Máxica participa nos Premios 20 Blogs´09
A Lareira Máxica volverá a participar este ano 2009 nos Premios 20 Blogs, organizados polo xornal 20 Minutos. Na edición do ano pasado A Lareira Máxica quedou finalista, sendo segunda na categoría "mellor blog en versión orixinal"(ou sexa, escrito en lingua distinta ó castelán),por detrás do blog catalán En veu alta. En 2009 A.L.M. inscribiuse de novo na categoría de "versión orixinal", así como na de "deseño".
O que desexe votar por A.L.M. ou por calquera outra bitácora debe ter inscrito, cando menos, un blog no concurso de 2009. O periodo de votación empeza hoxe día 13 de xullo e finalizará o 17 de setembro. Se alguén considera, en conciencia, que A Lareira Máxica merece o seu voto, pode clicar no enlace (botón vermello) que figura na columna da dereita e votala. Se non é así, pois que non a vote. O único que pretendo é que a xente coñece aínda máis A.L.M. Ademais os premios tamén permiten descubrir blogs moi interesantes nas diferentes categorías do concurso e persoas que merecen a pena. Iso foi o que máis me gustou da experiencia de 2008.
P.D.: Ougallá que o mellor blog "en versión orixinal" sexa para un blog galego -sexa ou non A Lareira Máxica-, que Galicia ten moi bos blogs e bloggers e xa toca que o premio veña para a nosa terra. Sorte, paisanos!!!
Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
O ano pasado, dos 5 primeiros en Versión Orixinal, quedamos 2 escritos en galego, a nosa língua debería repertir :-)
Saúdos e sorte!!!!
Sí Rubén, estou dacordo. Pero este ano hai poucos galegos (ó lado de tantos cataláns, vascos,etc) e moi poucos galegos.
Coido que repetir ser finalista xa sería un tremendo éxitos para calquera blog.Deséxoche moita sorte Rubén e, ougallá gañe un blog galego. O teu sería un moi bo gañador. O dito, compañeiro, MOITA SORTE!!!!!
P.D.: Moi mala época que sexan as votacións no verán,penso.
Gañador dubídoo moito, sobre todo porque quedaches ti por riba o ano pasado jejeje
As votacións no verán deslucen o concurso, e ademais sempre hai moitos blogueiros que se inscriben pero logo apenas votan, é o problema de facer un concurso con tantos blogues e tantos votos, enfróntaste a iso.
O galego sufre moito na rede, pero pouco a pouco imos crecendo...
O importante é que a xente descubra os nosos blogues e desfrute con eles :-)
Pois eu penso que podes gañar. Tempo ó tempo. Canto a A Lareira Máxica, ó ritmo que vamos (0 votos) vamos a quedar os primeiros pero pola cola....En fin, que o importante é participar e que coñezan o blog, aínda que, como dis, con tantos blogs é moi complicado que en plenas vacacións a xente se poña a ver miles de blogs inscritos....
Un saúdo, amigo e o dito: MOITA SORTE. Lémbrate do que che digo hoxe: Vas gañar os Premios. Xa o verás. Os meus mellores e sinceros desexos
Este ano a millorar o resutado.
Merecedelo
Hola amigos.
Calidad para conseguirlo la teneis de sobras, mucha suerte en las votaciones y espero felicitaros este año por e primer premio !!!
Molta sort us desitjo des de En Veu Alta !!!
Salut i €
Eduard!!!
Vaya cuanto tiempo. Un detalle que te honra. El ganador de la categoría "versión original" del año 2008 (en los que A Lareira Máxica quedó segundo -este año bajamos unos peldaños-). Gracias por tus elogios. Te sorprendería con que pocos medios hacemos A Lareira Máxica, que se suplen con esfuerzo y dedicación.
Me alegro de tu visita y tu comentario. Un abrazo muy fuerte, amigo. Por supuesto, te animo a pasarte por aquí siempre que quieres pues una alegría y dejarnos algún comentario o artículo, si quieres.
Saludos máxicos para tierras catalanas (Gerona, para ser exactos, si no me equivoco) desde Sanxenxo.
Nuevamente gracias por los elogios. El premio es lo de menos, el acordarse de nosotros y/o las visitas es lo realmente de estos Premios 20 Blogs. Como siempre, el mejor blog 2009 irá a parar para uno de los ganadores en alguna de las 20 categorías o, a lo sumo, a algún segundo. Pero bueno, la esperanza nunca se pierde.
Publicar un comentario