mércores, 28 de maio de 2008

** Música para alegrar un día chuvioso e + COUSAS

Choiva. Moita choiva. Máis choiva. Segue chovendo. ¿Díxenvos que chove e non da parado neste mes de maio? Di o dito popoular que "ata o 40 de maio non te quites o sallo". O 40 de maio será, digo eu, o 9 de xuño. Non sei, non sei, a este ritmon nin o 50 de junio o poderemos sacar.... En fin, que para mitigar este chuvioso mes de maio, que din que é florido e hermoso, logo dun marzo ventoso e un abril de augas mil (este ano case ser podería dicir que marzo foi o florido e hermoso) pois vouvos subir un vídeo dunha canción portuguesa que o ano pasado arrasou é que é moi animado e que rezuma alegría e festa.

Vai adicado a tod@s os que, coma min, están esperando que o Lourenzo regrese, enxoito, da súas vacacións, pero en especial a Lois, un amigo ó que fai meses que non vexo e ó que sei que lle gusta moito esta canción do portugués Quim Barreiros, titulada "A cabritinha".

Un saúdo para tod@s e Carpe Diem (a pesar da choiva).


Cabritinha - Quim Barreiros

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Vaia, xa apetece que veña Don Lorenzo, para quentarnos un pouco...Pero bueno, haberá que buscar o positivo da choiva, a lo menos, non faltará agua (esperemos. Que xa con tantas noticias do medio ambiente, da medo), os árbores e as flores terán un maior explendor, polo verdor....
Pero a pesar de todo, o sol xa se agradecería, pero paciencia que chegará o noso gran amigo a darnos calorcillo a todos.