luns, 12 de maio de 2008

** Padre Casares: para partirse de risa

Humor a raudales é o que ofrece a serie Padre Casares que emite a TVG (rebautizada como "A Galega"). Producida por Voz Audiovisual, conta as venturas e desventuras dun cura que chega a unha parroquia galega. Coñecidos actores e actrices (Antón Durán "Morris", Tacho González, Tuto Vázquez, Pedro Alonso ou Patricia Vázquez, entre outros) participan nesta divertida e entretida serie, a cal recomendo. Non hai nada máis sano que a risa e o humor. Esta serie teno, partindo de situacións da vida real... ¿Un exemplo? A tradición de tirar un porco vivo desde o campanario. Pero hai máis.

A sintonía da serie é unha versión da canción "Pirimpimpin" do grupo Malvela, feita por eles mesmos. A páxina web da serie, moi boa.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

a min tamén me gusta esa serie. Serve para pasalo ben e liberar stress coa risa.

Anónimo dixo...

E unha das poucas cousas que vexo na tele ademais dos informativos.