luns, 26 de maio de 2008

** O galego Gustavo César Veloso gana a Volta a Cataluña

O ciclista de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Gustavo César Veloso proclamouse onte gañador da 88ª edición da Volta Ciclista a Cataluña. O corredor do equipo Karpin Galicia impúxose na rolda catalana, a decana das probas que se corren no noso país e a segunda en importancia logo da Volta Ciclista a España. Unha excelente nova para os aficionados galegos ó ciclismo. Alégrome dobremente por este triunfo: UN porque é un galego o que conquista o triunfo nesta prestixiosa carreira e DOUS porque, de paso, otórgalle un triunfo ó único equipo galego profesional neste deporte. Todo iso favorece ó deporte galego. Parabéns.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Eu tamen me alegro.

Anónimo dixo...

Felicidades a Gustavo César Veloso, é unha satifacción para Galicia e nos coma galegos.

Anónimo dixo...

pouco a pouco o Karpin-Galicia estase a facer un oco no ciclismo español e por méritos propios, ogallá esa carreira ascendente teña continuidade, porque teñen un futuro prometedor...

Parabéns ao equipo galego e ao ciclismo galego :)