mércores, 14 de maio de 2008

** Un día de choiva cheo de lembranzas e música

Praza de Mazarelos coa antiga Facultade de Xornalismo ó fondo. Foto:Julio Torres

Hoxe é un día chuvioso. Chove, parece inverno. Pero a choiva tamén é boa. E senón que llos digan ás zonas de España que padecen grandes sequías e restriccións de auga. Non me gustan os días de choiva, pero recoñezo que son necesarios tanto para as persoas como para a agricultura.

Se algo bo, ou malo según se mire, teñen estes días tristóns e cubertos por espálida auga que descende do ceo na procura de cobixo terrenal é que te fai reflexionar e lembrar. Hoxe lembroume a miña etapa compostelana, como estudiante e como traballador. Santiago, "a terra das mil e dúas augas ". Unha cidade que baixo a choiva se percibe doutro xeito. Lémbrame os soportais da Rúa do Vilar, aquela onde había,e creo que segue habendo, un teléfono que fomenta o feísmo arquitectónico. Un privilexio percorrer eses soportais un día de choiva. Santiago e a súa muller, Compostela, percíbense dun xeito moi belo e diferente. Un día falarei de Santiago, cidade da que gardo moi gratos recordos.

Alí tiven a sorte de coñecer a moi bos/as amig@s, a algúns dos cales xa hai anos que non os vexo, por cousas do destino, aínda que seguemos conservando unha amizade a distancia.

MÚSICA E ADICATORIA ESPECIAL

Non hai moito escoitaba unha canción que lle gustaba moito a unha boa amiga. Xa hai 8 anos que non nos vemos. Ela agora traballa en Toledo e familiarmente está pasando unha etapa difícil pola morte do seu pai. Cousas da vida, por desgracia (xa sabes que contas co meu apoio para o que precises). Din que de ben nacidos é ser agradecidos. No seu momento axudoume como compañeira de estudios naquela Facultade de Xornalismo ubicada na histórica Praza de Mazarelos (hoxe está ó lado do Auditorio de Galicia). GRACIAS Chris. Por iso hoxe adícolle este post a ela, a Chris, a esa pedazo de xornalista amante de "la France" e que agora traballa como profe de francés. Non saben os seus alumnos a sorte que teñen.

Ah, olvídábaseme dicirvos que canción é a que teño asociada a Chris. É Unha das súas favoritas, sen non me trabuco: "Neh, nah, nah", do grupo belga Vaya con Dios. Canción pegadiza e que serviu de sintonía dun programa de radio que Chris facía xunto a outros compañeiros en Santiago de Compostela. Que tempos aqueles... A canción, por suposto, tamén cha adico "galaico-franco-toledana".



Hoxe tocaba lembrar os recordos bos, que do malo da choiva algo positivo se debe quitar, como de todo nesta vida, claro (como di outra moi boa amiga). Por certo, aínda non deixou de chover, chover... ¿E vós cómo vivides os días de choiva? ¿Faivos lembrar algo? Agardo as vosas respostas.



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

M. dixo...

La canción de Bruce con la que abres el blog ya me ha alegrado el día, ves? Que llueva todo lo que haga falta. Me voy al youtube a escuchar, de paso, Brilliant Disguise: mi canción favorita y la de Patrick Bateman, aquel exquisito psicópata. Aperta, Julio.

Anónimo dixo...

O relato que fas sobre a zona monumental de Santiago é moi acertado. Cando paseo por alí paréceme ouvir os cascos dos cabalos e os ruidos das carruaxes sobre o empedrado. É algo máxico. Saúdos.

Julio Torres dixo...

M.: Pois si, a min a canción do "Boss" tamén fai que che levante a moral. Teño un amigo que se soia despertar con ela tódalas mañáns, como xa contei no seu momento no blog. O malo é que os seus veciños debían de odialo porque seica poñía a canción a todo tren...

Guillermo: Santiago é fascinante é unha beleza de casco histórico que temos aí ó lado. Ás veces teño a impresión que non apreciamos Santiago na súa xusta medida, porque Compostela é máis que a Catedral e a Praza do Obradoiro.

Gracias polos vosos comentarios. Un saúdo amigo desde Sanxenxo.

Carpe Diem

Eifonso Lagares dixo...

Que llueve es bueno para todos. Santiago también me trae muy buenos recuerdos de estudiante, las calles / ruas que mencionas son de las que son difícil de olvidar.
Tu música acaba por alegrar el día.

Un saludo

entrenomadas dixo...

Te he dicho ya que me encanta tu país.
Te cambio algo de secano de Aragón por los verdes paisajes del tuyo.

Anda, di que sí.

Besos,

M