martes, 1 de mayo de 2007

** @ cativ@ fíxose maior de idade nun ano de vida

Ás veces un non sabe como empezar a escribir algo ata que empeza a escribir. Como reza o famoso dito aquel "caminante no hay camino, el camino se hace al andar". Dito o cal xa empecei a falar... A ver, levo varios días dándolle voltas á cabeza a cómo escribir isto. Confeso que nin agora o mesmo o sei. Pero alá vou. Espero que me quede algo decente, cando menos....

Foi un día coma hoxe. Foi hai un ano exactamente. ...--->Ve-lo Artigo completo....
Se eu fose unha muller e estivera embarazada diría que din a luz a un fillo. Pero aínda que isto non sexa o caso, o símil pode valer. Hai un ano o que vos escribe deu a luz un fillo cibernético. Daquela, un 1 de maio de 2006 nunca tivera imaxinado chegar tan lonxe, pero aí estamos. O neno, ou a nena -porque é un ser asexual- foi bautizado co nome de A Lareira Máxica. "Lareira" porque ó pé das lareiras é onde se cociñaba antes e onde un se quentaba no frío inverno de paso que se contaban historias ou se charlaba ou opinaba sobre temas de interese. "Máxica" porque nela se poden tocar moi diversos temas, ás veces nunca imaxinados. Todo podo pasar, ou case todo.

E este nen@ chamado A Lareira Máxica empezou a medrar paseniñamente. Ó principio so murmuraba. Pouco a pouco empezou a escribir, a darse a coñecer, a alzar a súa voz e a ter amig@s e máis amig@s. E rodeouse de música, de estilos variados. Tamén lle gustaba ler a prensa: a local, a rexional, a nacional, a deportiva, a gratuita, até a internacional... Un cativ@ que madurou a pasos axigantados. E empezou a dar patadas nun parque chamado internet. Un gran parque. A consulta de correos electrónicos -cual biberón do mediodía-, a visita a webs intitucionais, as de compras, informática, consumidores... Incluso se aficcionou a ver mapas e a buscar localizacións case imposibles. E como o cativo se fixo adolescente -imitando a madurez fulgurante de Superman na súa viaxe do planeta Krypton á Terra- pois chegou o seu momento de buscar traballo e acostumouse a entrar en portales de búsqueda de emprego. E de vez, en cando, pois tamén se relaxaba accedendo a páxinas de ocio e de xogos....

E animouse a chatear cos seua amigos, que se comunicaban con él por mail, en forma de artigos, comentario ou suxerencias, ou a través do chat. Iso si, deixando un espazo para humor e a risa, daquela que din que "5 minutos de risa equivalen a 45 minutos de exercicio físico". E ás veces, vía videoclips..... Incluso se atreveu cos idiomas, aínda que isto lle costa algo máis...

E ó cumprir o ano o neno entrou na súa maioría de idade dibernética. E como tal madurou e creceu, e ségueo a facer, cunha diferencia: agora ten máis coñecementos que cando naceu e, algo moi importante, moitos amig@s que adoitan visitil@ a cotío.

Esta historia que se me ocurriu sobre a marcha para prantexar o paralelismo entre o crecemento dun nen@ e o dun blog so é ilustrativo do que significa para min A Lareira Máxica. Os que me coñecedes e sodes asiduos deste blog xa o sabedes.

Pois ben quixera darvos as GRACIAS por estar aí e, por colaborar, en maior ou menor medida neste blog. Un blog que tento facer diferente. Non persoal, senón aberto a todos e todas, para que os que lles pica o gusanillo de elaborar artigos o fagan. Porque me gusta que non so participe eu, senón que o faga o maior número de xente posible. Nunha prensa esclava, os blogs rezuman liberdade. E como tal hai que potenciala aínda máis. E diso se trata. Diso e de facer unha páxina o máis amena e entretida posible, onde cadaquén atope o que busca, ou polo menos gran parte. E que fagan de A Lareira Máxica a súa páxina de inicio.

Oxalá este blog dure moitos anos, pois ó igual que as persoas nalgún momento morrera -¿ou non?-, e que a participación siga crecendo como o está a facer. Onte este blog chegou ás 20.000 visitas. Bueno, para ser exactos, o contador empezou a contar un 27 de maior, polo que en realidade serían unhas 21.000 visitas calculo. Pero dá igual 1.000 arriba que mil abaixo. Nin nos meus mellores sonos o tivera imaxinado....

E todo GRACIAS a vós.


Hai quen me di que nos principios de A Lareira Máxica facía máis artigos propios. É certo. Leva razón. As miñas ocupacións, a vida laboral e a persoal e outras cousas, réstanme tempo e, ás veces non publico tantos artigos como quixera. Houbo tempada que chegamos (coa vosa axuda) a publicar artigos a diario durante máis de 40 días ininterrumpidos....

Canto ós meus artigos, teño moitos en mente. Entre eles quedan varios sobre a miña viaxe a Lisboa que publicarei máis adiante -cando teña máis tempo, porque ultimamente non teño tempo para nada-. Descoidade!!!

Neste ano o blog foi introducindo máis enlaces, efectos decorativos, vídeos, chat e un longo etc. de cousas. E seguírao facendo. Descoñezo o teito real deste blog, como descoñecía hai hoxe un ano, que ía ter o volumen e as visitas que hoxe ten.

Non me quixera alongar máis (é un defecto que teño, de aí o de recurso "Ve-lo Artigo completo"), so lembrar que os post ou artigos que entre tod@s realicemos poden tocar calquera tema que estimedes oportuno. Bueno, todos non. So a política non ten cabida neste blog, de forma explícita, aínda que sexan inevitables certas alusións ou indirectas. Pero artigos puramente políticos nunca os atoparedes neste blog. Para iso teredes que buscar outro.


E acabo como empezou hai hoxe un ano A Lareira Máxica, un blog nudo de enlaces e links por aquel entón. Reamto lembrando o primeiro artigo publicado neste blog.



lunes 1 de mayo de 2006
Un proxecto cheo de ilusión

1 de Mayo, unha data na que nace este blog, o meu primeiro blog, no que pretendo escribir cousas, de tipo variado. De momento, estou en fase de probas, polo que tede paciencia namentras lle collo "o tranquillo" a isto dos blogs. Tempo ó tempo.

Un saúdo a tod@s



E abofé que lle collín o "tranquillo" e o gusto, engadiría. Aínda lembro que a miña primeira batalla foi saber como se subín ou poñian fotos no blog. Logo foi o dos vídeos e o tema da música de fondo, entre outras moitas ocasións. Confeso que deixei moitas horas de ocio neste blog. Visitando páxinas sobre blogs, e collendo algo de aquí e algo de acolá, e adaptando outras cousas ata chegar a darlle o aire que agora ten. Sempre cun fondo branco que denota transparencia e gañas de escribir, asemade que é máis atractivo para o lector con ese fondo (ou cando menos éo para min).

Non sei podería falar e falar durantes horas, pero isto máis que un artigo sería unha biblia de a lareira máxica, ou as memorias dun blog nun ano de vida. E tampouco se trata diso. Quen sabe, ó mellor cando me xubile....Ja,ja!!

MOITAS MOITA MOITAS MOITAS MOITAS GRACIAS A TOD@S VÓS POR ESTAR AÍ. Permitídime 2 mencións especiais:
1- Para a primeira persoa que comentou un artigo neste blog: Rommy, que por certo, hai tempo que non sei de ti..... Gracias por facer ese comentario nun mes de xuño de 2006

2- As miñas grandes colaboradoras: as dúas María: María e Mariam. Sen eles este blog non sería o mesmo. E xa volo dixen moitas veces....

Para rematar, e agora prometo facelo de verás, so pedirvos que se vos gusta A Lareira Máxica, aoonselledes visitala. So iso.

E nada máis. Soprade a vela da tarta, e se chego a gañar un Óscar xa me terían cortado antes que a Pedro Almodóvar.....



--------------------------------------------------------------------------------
P.D.: Pido disculpas polos numerosos erros de escritura que poidades atopar. Non repasei o artigo.



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
A Lareira Máxica

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

a suiza dijo...

Moitas felicidades desde Suiza por a tua maravillosa página.
Desde octubre son unha fan incondicional da "A LAREIRA MÁXICA".
O bo que ten esta página e que os temas son sempre variados. E como un Kinder Sorpresa sempre ten algo diferente no seu interior.
Julio sigue así, que o estas facendo moi ben e tamen quero felicitar a tod@s que participan en esta página.
Felicidades e que cumpras moitos mais.

María dijo...

E que mellor momento para cumplir as 20000 visitas. Estábamos polo Nadal cando, creo lembrar, a páx chegaba as 10.000, en en que pouquiño tempo se duplicaron. A este paso non sei a onde iremos a chegar. Noraboa a ALM e especialmente a ti Julio.

Mariam dijo...

¡Que A Lareira Máxica cumpla moitos máis e se faga grande, grandísima!

Drosophyllum dijo...

POR MOITOS ANOS!
Feliciades polo primeiro cupreanos desa criatura tan espilida! parece incrible o faladora que é coa sua curta idade.
Paréceme un espacio que destaca polo seu deseño elaborado e artigos interesantes e divertidos -case como o "Libro Gordo" aquel-. Tamén e sobretodo, destaca polas "boas vibracións" que desprenden os colaboradores e en particular o seu criador; á vista dos seus escritos.
Por todo iso espero e deséxote que este primeiro ano non sexa senón o primeiro de moitos anos mais, mentres así o queiras e sempre có mesmo ánimo.
FELICIDADES LAREIRA MÁXICA!
FELICIDADES JULIO!

Julio Torres dijo...

Moitas gracias, amig@s. Fágoo o mellor que poido e sei e máis o que o tempo me permite. Pero, e non é peloteo, sen vós non tería razón de ser este blog comunitario. Aínda me lembro cando escribía artigos en maio e xuño e ninguén visitaba A Lareira Máxica. Tiña a sensación de predicar no deserto. Algunhas persoas animáronme a seguir e velaquí o resultado.

Tentarei seguir mellorando o blog, tarea complicada, penso. Teño en mente novas cousas, pero de momento quizás tarden algo. Xa para xuño espero potenciar a aparición de artigos, que neste mes seguramente non van ser moitos porque vou andar bastante ocupado.

Non por iso, me olvido do meu "fill@" on line.

Moitísimas gracias polos parabéns.

Julio

Anónimo dijo...

FELICIDADES.
Aprovieto para darche as gracias a ti e a toda a xente colaboradora, por facer que en certos momentos un poida acercarse a esta páxina e pasar momentos agradables. Gracias tamén a ti Julio e a todos os que facedes posible que podamos acercarnos a ver estas páxinas.