** O idioma galego, o normativo e os políticos. OPINIÓN PERSOAL
Mirade, persoalmente creo que o do gallego normativo é unha cousa absurda. A idea en sí é que os galegos utilicen un mesmo galego para armoniza-lo no conxunto de Galicia porque en Galicia poden utilizar palabras distintas....
Imos ver ¿acaso os gallegos non nos entendemos entre nós? ¿acaso é tan diferente o galego nas diferentes provincias? Dacordo, que hai palabras que poden variar, pero creo que non é tanto como para facer UN GALLEGO NORMATIVIZADO. Entendo que se usan varias palabras para definir un mesmo concepto se opte porque no dicionario aparece a máis usada. Pero creo que non é motivo de suficiente peso como para marearnos a tódolos galegos cos cambios do gallego normativo.
So vou pór algún exemplo, que os que falades ou estudiástedes galego ides a a entender e comprender:
1- Cando estudiei na E.X.B. primeiro dicíase que unha palabra era con v e logo cambíárono e tiña que ser escrita con b, ou viceversa. Ex: bolboreta, avogado,...
2- Ata a chegada do gallego normativo podía usa-la segunda forma de artigo (a mesmo que acabo de empregar agora ó pór o guión en "usa-lo". Agora está prohíbido empregalo. ¿por qué?
3- Noto que os pronomes "te" e "che" se empregan no gallego normativo apoiándose máis nas estructuras casteláns, facéndose unha traducción mimética do castelán, cando antes se observaba por norma xeral que iría posposto ó verbo, agás en determinados casos (oracións interrogativas e outras excepcións que os que estudiamos nos 80 ou 90, se nos ensinaba.
Hai xente que me di que siguen existindo. Creo que si, pero dame que o gallego normativo permite que se empreguen mnáis ó uso castelán que como era a norma xeral ata o momento. Vaia un exemplo: " e che vou dicir unha cousa" ou "se vai facer un estudio",... e senón prestade atención ó uso na TVG ou en xente que sae falando nun medio de comunicación, sobre todo políticos, e veredes o que estou a dicir. Nos casos que puxen antes debería ir posposto, pero utilízano antes do verbo. Digo máis, se traducides o texto ó castelán, observaredes que a posición do "te/che" é a do castelán e non a que debería usarse no galego....
Hai persoas que din que o galego normativo se parece máis o portugués que ó castelán. A min dáme que é ó revés, pois senón, por exemplo, ¿por que prohibir a segunda forma do artigo que se usou toda a vida.
Teño a teoría de que o do gallego normativo para o que vale é para xustificar o traballo de algúsn lingüistas que non teñen máis cousas que facer que andar cambiando ó seu antollo as normas e a ortografía das palabras galegas. ¿A que obedece, como expoñía antes, a que no pasado se escribira unha palabra con b e hoxe
non, ou viceversa?.
No trasfondo creo que hai oscuros intereses económicos ou de outra índole(venda de novos dicionarios actualizados,...) que se pretende xustificar que os estudios demostran que antes se estaba errado e agora se rectifica....
Mirade queridos lingüistas, o idioma que utiliza a xente do pobo, especialmente a maior, é o correcto. No se debería de perder nunca, e é moi rico que cada zona teña as súas propias palabras e expresións. O que non me parece de recibo é que uns amiguetes lingüistas nos teñan que dicir cómo se fala ós que falamos semmpre galego.
Despois danse paradoxas tan grandes como que alumnos que falan castelán polos catro ventos teñan un sobresaínte en sinaturas de galego oral e outros que falan galego todo o día lles custe aprobar. Como se necesitasen xustificar o único idioma que utilizan. Ver para crer. E dígoo con coñecemento de casos reais que coñecín.
Unha recomendación ós políticos: a ver se ides a cursos de perfeccionamento de galego e aprenden a falar dunha vez por todas ben o idioma. Logo hai políticos importantes que o falan "daquela maneira". E estoume a acordar agora dunha política dun partido político, a cal ostentou diferentes cargos na admon pública autonómica e local, e falaba un galego que daba pena oílo. E hoxendía creo que é alcaldesa e que sae nos medios de comunicación a cotío. Unha de dúas: vai a clases e aprende a falar ben ou mellor fala en castelán, porque para dicir 5 ou 6 palabras mal ditas en galego sendo un representante político pois mira.....
E xa non vou entrar no tema da RadioTV de Galicia, onde de todos é coñecido, que a meirande parte dos traballadores empregan o castelán cando non están en antena, e logo queren darnos clase de cómo fala-lo galego....Que gran hipocresía o que alí pasa. Xa sei que podemos utilizar os dous idiomas, pero digo eu que lle deberían pedir un dominio grande do galego ós xornalistas da RTVG e non un galego normativo de guión....
,¿Para cando toda a publicidade da RTVG integramente en galego? E non vale so o Día Das Letras Galegas. Moitos anunciantes consinten que se traduzca ó galego ó seu spot, pero outros non..." ¿PODEROSO CABELLERO ES DON DINERO?". Pois vai ser que sí.
Por certo, quelembre, hai un programa da TVG chamado "Zapping Comando" de parodias humorísticas do que poñen nos canais das distintas televisións. Están interpretados por actores galegos. Hai determinados sketches nos que empregan o castélán, so polo feito de que é unha parodia dun programa de TELECINCO, ANTENA 3, TVE ou dunha cadea de ámbito nacional. Xa sei que nesas cadeas se usa o castelán, pero ¿acaso non estás parodiando algo que se está vendo na TVG onde se supón que se debe usa-lo galego? De feito, un dos motivos da RTVG é o impulso do idioma galego, a parte de informar, entreter,....
Esta é a miña opinión, haberá xente que a comparta e xente que non, pero é o que penso.
NOTA: As fotos deste artigo so serven para ilustralo, o cal non quere dicir que as persoas, empresas ou institucións que aparecen nas imaxes sexan ás que se refire a crítica. Puxénas porque se relacionan co idioma galego ou porque son simmpáticas. Non lle busquedes outro sentido. Están baixadas todas elas de internet.