Persoas parecidas
Hai un momento falaba cunha boa amiga miña. Comentáballe que me teño confundido á xente ó saudar. Isto é, saudar a unha persoa pensando que era alguén que coñecías, para darte axiña conta que te trabucaras... que esa persoa á que acababa de saudar non era quen cría senón outra. Nalgúns casos si que gardaba un parecido razoable, noutros nin tan sequera iso...Cousas da vida!!!!
Pasárnome dous casos xa hai un tempo. Un foi saudar a unha rapaza pola rúa e darlle dous bicos na meixela, pensando que era unha amiga do instituto á cal había anos que non vía......O parecido neste caso era bastante.....Reacción da rapaza: "¡ perdoa, pero creo que te equivocas de persoa....." ---Reacción de servidor: perdoa,pero pensei que eras efectivamente outra persoa.... Para quen non me coñeza dirá que son un lanzado.....Pois non...
Noutra ocasion había unha persoa falando polo teléfono. Estaba de costado. Servidor baixaba por unhas escaleriras e pensou que era unha boa amiga. ö chegar a altura da referida xoven metinlle un susto coa intención de gastarlle unha broma.......Reacción da rapaza: ah!!!!!!!!!!!!! Faltoulle unha milésima de segundo para arrearme con janas.....---Reacción de servidor: loxicamente pedir disculpas....
Son so dous exemplos, pero houbo algúns máis. Por iso que agora antes de saudar a unha persoa pénsome dúas veces. Equivocarse é cruel en determinados casos....A sensación é a de ¡TERRA TRÁGAME!.....
Home, logo son anécdotas que quedan e coas que te podes rir cando as contas.....pero o bochorno dese intre no que te confundes nadie cho quita.....
Ou sexa, que se un día non vos saúdo non pensedes que estou enfadado con vós. So é que non estou seguro de que sexas ti ou o teu "doble". Dobles que, confusións aparte, habelos hainos e moitos.
Outra situación incómoda é cando vas conducindo e che pita un coche que non acertas a recoñecer.....ou ir camiñando e que coche tamén che pite sen saber quen é tampouco.
Mención aparte merece cando te saúda alguén e non te das de conta quen é. Ti saúdas. E se se para a falar contigo pois tentas averiguar quen é apresuradamente.....Procuras que sexa ela quen fale e ti fas preguntas xerais para gañar tempo......
Seguro que a vós tamén vos pasou a vós algo así.....pois animádevos a contalo aquí.
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario