luns, 8 de maio de 2006

120 anos da Coca-Cola


De todos é sabido que o “ouro negro” por excelencia, e cada día máis ó ritmo que van os precios, é o petróleo. Pero hai “outro ouro negro”, metafóricamente falando, que vai máis barato e que ademais se pode beber…,

Estoume a referir a Coca-Cola que cumpre hoxe 120 anos de vida. Non sei o que ten, pero gústame. A súa fórmula parece ser que so a saben un puñado de persoas que non poden viaxar xuntas ---por si morren nun accidente e se acaba o nejocio—e as imitacións que hai verdadeiramente non saben igual.

Non sei se a cafeína crea adicción. A min non, pero coñezo á xente que si lle provoca certa dependencia, especialmente en épocas de exames. O que está claro que o seu nome empeza por “coca” (casualidade, coincidencia???). Supoño que sí.

Sanitariamente falando, dicía un profesor meu de ciencias naturais que é unha bebida nada sana, e incluso falaba da oxidación dos ferros ou non sei qué…..Seguramente tivese toda a razón. Pero…..¿qué sería dunha sociedade sen Coca-Cola?. Antonio Gala diría algo así que sería o mesmo que un neno que non tivera “potitos”….E se non o dixera el, refrendaríao servidor.

So espero que a Coca-Cola non sexa tan maligna como todos apuntan…..Aínda que moitos sentenciarían todas as súas desvantaxes cunha frase bastante novedosa que di algo así como “de algo hai que morrer”.


Xa sei que a nigúen de Toalla lle gusta a Coca-Cola, por iso ningúen vai comentar esta noticia ¿trabúcome?. Ah!!! Pero que logo non vos pille bebendo unha “COKE.” Como diría o Bush e a súa trouppe.

Carpe Diem amigos.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :