Os cortes incortables
Cada día estou máis farto de que as canles de televisión corten ó seu antollo ás series, películas ou programas. De repente vai falar o presentador e ¡zas! medio segundo máis tarde xa che están anunciando. Logo voltan de publicidade ---aproveitan de cando en cando para botar a programación en vez de para botar publicidade--- e vése cómo o presentador ou o actor-actriz acaba de pronunciar a palabra
que a publicidade lle impediu terminar antes.
Non importa que quede mal, o importante é a audiencia. Se a competidora está na publicidade nós tamén, se a competidora regresa da publi nós tamén, se a competidora se tira ó pozo.....¿nós tamén?.
Canto ás series e ás películas, normalmente os directores xa deixan ocos en negro para que logo as t.v.´s fagan pausas de publicidade. Pero nada, as t.v.´s non os aproveitan. Queren cortar por onde lles pete, aínda que no preciso intre de que vaia a falar o actor lle corte pola metade a frase máis importante do diálogo....
A este ritmo so falta que fagan publicidade os actores nas películas ---non, perdón, moitas veces xa a fan--- ou os animais. Imaxinádevos unha vaca ou un cabalo nunha peli do oeste que anuncie un producto pintado na súa pel......¿ou xa está a acontecer tamén isto?
En fin.....que sobran as palabras. Espero que algún dia o goberno faga unha lei que impida facer estas artimañas, a contraprogramación e todo o que os televidentes detestamos (incluido os repelentes reality´s shows. Iso espero......Namentres toca facer zapping para fuxir do telelixo e dos nada escrupulosos cortes para publicidade....
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario