Cando tomar café é sinónimo de humor
Hummm.....!!! Camera Cafe. ¡Qué risas con este espacio de humor! Gústame moito. Os que fixeron o programa tiveron unha idea estupenda. Calquera diría que ían ter tanto éxito tendo so un único escenario...¿minimazación de custes económicos??? Non sei. O que teño claro é que te partes de risa coa Cañizares, Julián, Jesús and company. E logo dun día de traballo ou outros quefaceres agradécense espacios como Camera Café.
So lle atopo un pero: que se están repetindo os capítulos (enteiros ou por tramas). Espero que non o sigan facendo porque senón vainos acabar aburrindo, como pasou no seu momento con series como Verano Azul, Mareas Vivas ou, máis actualmente, Aquí no hay quien viva -que emite repeticións mentres graban novos capítulos......´
Miguel de Lira (actor que encarnaba a "Currás" en Marea Vivas), acabou ata as narices de que repetiran os capítulos, especialmente o primeiro. Agardo que a nós non nos pase omesmo con Camera Café ou con outras. Sería unha mágoa. Ás veces convén non expl0tar ás galiñas que poñen ovos de ouro
E falando do tema, voume ir tomar un café. Iso si, non de máquina que son asquerosillos. Logo de ver cómo limpan estas máquinas non me quedaron gañas de tomar máis cafés de máquina autovendibles.
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario