O bochorno inaugura a tempada estival en Sanxenxo
Sábado, 27 de maio de 2006. Sí, Sí, Sí…..o verán xa está aquí. a calor de hoxe é infernal e o bochorno estanos, metafóricamente falando, a anegar coa súa presencia…..
Como diría aquela canción de hai xa algúns veráns “El verano ya llegó, ya llegó….”.
A calor de onte e de hoxe non son moi normais a finais de maio, pero tampouco estrañas ou primeirizas. Xa aconteceu outros anos. Pero o cambio de temperatura foi esaxerado. Pola tarde conducindo o coche superábanse por momentos os 35 grados!!!!!.
Hoxe pasei por varias praias (A Lanzada, Pragueira, Foxos,….) e xa lucían na súa area bastantes corpos desarroupadas, tentando acadar o moreno perfecto. Permitídime que use un símil futbolístico para comparalos coma futbolistas adestrándose en pretemporada para cegar en forma forma a temporada ligueira……
E con todas estas calores, cual formigas nun formigueiro, os coches empezaron a inundar as estradas desta afamada vila turística. Brrr!!!
Xa tiveramos un anticipo por Semana Santa e na Ponte do 1 de Maio, e o de hoxe so é outro anticipo do que nos espera en Xullo e, especialmente, agosto. A “música” de cada verán…..
Madrileños, asturianos, ourensanos, santiagueses, portugueses ou vascos, mayormente, farán acto de presencia neste o noso concello para, cos seus coches, encher en demasía a vila coa súa presencia e a dos seus automóviles…..
Gustábame máis Sanxenxo hai 15 anos, cando aínda con bastante turismo, non era tan esaxerado como hoxendía. Daquela tiñamos menos servicios e vías de comunicacións (non existía a vía rápida en 1991), e había atascos sobre todo os domingos pola tarde, pero peor son hoxe……
Julio e, sobre todo, Agosto son un agobio de persoas e de coches. Parece que houbera unha concentración de TOURISTAS que viñeran a facer un botellón. E o que en realidade fan é embotellar de tráfico e de colas tódolos sitios da vila.
Logo con tantos edificios novos en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, tamén cambiou a fisonomía do concello. Non hai máis que ver unha foto de Silgar a finais dos 80 e unha de agora. Cómo diría aquél: “Quen te viu e quen te ve”. E senón me credes visitade a web http://www.sanxenxo.org/ e comprobádeo (tedes o enlace no marxe esquerdo do blog dentro do apartado “O CONCELLO”).
Pois iso, que, salvo por varias cousas e melloras de servicios ou comunicacións, prefiría o Sanxenxo aquél e non o de hoxe.
Canto á xente, menos mal que Maio, Xuño e, últimamente, Setembro son levadeiros e non agobiantes coma os seus veciños Julio e Agosto.
Unha vila de 17.000 habitantes está ben, pero que haxa 100.000 persoas en tan pouco espacio é algo inhumano. O agobio dura 2 meses, ata que empezan os colexios e os inmigrantes españoles retornan, cual balseiros motorizados, ós seus lugares de orixe…..e a calma volta a Sanxenxo…….
Remato: Sábado, 27 de maio de 2006. Sí, Sí, Sí…..o verán xa está aquí. a calor de hoxe é infernal e o bochorno estanos, metafóricamente falando, a anegar coa súa presencia…..
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario