Que bo invento o dos xornais gratuitos....
METRO, QUÉ!, 20 minutos ou ADN son xornais de recente aparición ou distribución en Galicia. De momento so se poden ler os catro en Vigo, porque en Pontevedra capital so temos a opción de coller o METRO, e en Sanxenxo ningún aínda. Pero todo chegará, ou iso espero.
O novidoso que teñen en común é a gratuidade. Sorprende que nos tempos que corren non se nos cobre por ler unhas 20 ou 25 páxinas. Acostumados como estamos a que se nos cobre ata por respirar, non acabamos de entender porqué non son de pago. A clave: a publicidade dos anunciantes. Afortunadamente, algo beneficioso nos trouxeron os anuncios desta vez.
O fenómeno xa se producía no resto de Europa e, como sempre, chegou a España tarde. Pero os expertos coinciden en que irán en aumento e chegarán a consolidarse. A xente lerá máis xornais ó ser gratuitos, non tendo que racanéalos na cafetería namentres se toma algo. E ó ser lidos por máis xente, a publicidade será vista por máis persoas, con conseguinte beneficio para os anunciantes…..
E cando falo destes catro xornais, tampouco estou falando de empresas pobres. O METRO lese en moitos países europeos; o QUË! pertence ó grupo RECOLETOS, o mesmo que edita o MARCA, daí que coinciden na cor vermella o MARCA e o QUË!; o ADN, o benjamín, é propiedade do grupo PLANETA (dos que tamén depende ANTENA 3 TV e ONDA CERO).
Canto ós contidos, gústanme o QUE! e o 20 minutos. Pola contra, o METRO é o que ten menos páxinas dos catro se ben ten interesantes artigos de opinión, namentres que o ADN non me acaba de gustar a pesar da súa infogracía chamativa.
No QUË sempre recollen artigos curiosos e, en moitos casos, banais, pero diferentes ós que te podes ler neutros xornais. Iso si, apoiándose en táboas, gráficos e nunha presentación atractiva, O que se pretende é ler coa vista, porque o texto (e nisto coinciden os catro rotativos en mayor ou menor medida) redúcense a unha cantas liñas na súa maioría.
Aplican a máxima xornalística da concisión e a brevidade, máis utilizadas na radio e na televisión. Se buscades textos mariores heredes que recurrir ós de pago, e se queredes xornais reflexivos coas noticias a outros de pago máis específicos (EL País ou el Mundo, por ejemplo)..
Poderíase dicir que existen distintos grupos de xornais:
1- Os gratuitos (os anteditos)
2- Os de pago rexionais e locais (La Voz, El Faro, Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, El Correo Gallego,…)
3- Os de pago de ámbito nacional ou internacional (El País, El Mundo,…)
4- Os de pago de carácter deportivo (Marca, Sport, Mundo Deportivo,…)
Concluíndo: algo bo a aparición dos xornais gratuitos, pensados para a xente que le os titulares das noticias máis destacadas ou curiosas porque ou ben non ten tempo a ler máis ou non quere gastar os seus cartos. E canta máis oferta de cabeceriras gratuitas mellor, que non se trata de facer un monopolio informativo que atente contra a democracia informativa……
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario