Viaxa por Galicia se queres viaxar ..e DISFRUTA...
Finais de Maio. Xuño aí ó lado. O termómetro rebasa os 30 graos. O verán está aí ó lado. Non falta nada. E coa chegada da nova estación son moitos os que se animan a cargar as sús alforxas e a viaxar a algún lugar. Axiña xurden e se escoltan ano tras ano os mesmos nomes: Canarias, Baleares, Andalucía, Benidorn, Algarbe, Centroeuropa, París, Roma. Londres, ……e dos máis exóticos brotan outras: Cáribe, A Riviera Malla, Cuba, as Illas xxxx…
O que vos escribe asiste atónito a un sinfín de nomes tan variopintos e, ás veces, tan singulares que máis ben parecen unha moda que unha elección concienzuda e razoada. Parece que hai que estar á moda. O motivo é, nunha gran parte ése ou ben non querer romperse a cabeza e ir ó máis fácil, sucumbindo irrevesiblemente á penetrante e abrumadora presión da publicicade dos consabidos destinos turísticos por excelencia. Os que eu chamo “destinos top”.
Nunca fun bo amigo das modas nin das cousas impostas. Tampouco nesta ocasión fago unha excepción. Visto o que me gusta, non o que me din que teño que vestir. Igual penso dos destinos turísticos. Recoñezo que os “destinos top” son moi bonitos e atractivos, pero tamén penso que temos que adeprender a coñecer máis o que nos arrodea.
A febre de ir o máis lonxe posible ou de ir ós lugares de moda por excelencia,, tennos corcomido-lo cerebro e descoidamos os lugares que temosa aí ó lado. Estou a falar de moitos concellos de Galicia tan belos e dignos de estar como os “top” nacionais e internacionais. É o peor de todos é que, na maioría dos casos, os descoñecemos sitios tan maravillosos como por exemplo A costa da Morte, as Rías Baixas ou lugares do interior tan hermosos como o Barco de Valedoras, entre outros moitos. Somos, por tanto, infieis e lanzámonos a aventura do máis alá, descoidando o da “casa”. Noutras palabras, e recurrindo, ó refraneiro popular: “na casa do ferreiro, cuchillo de pau.
O erro que temos, neste caso concreto os galegos, é o de menospreciar o que posuímos. Considero que Galicia é un país que ten de todo: as mellares praias de España -por non ir máis lonxe- (que non lle teñen nada que envidiar ás do resto de España e incluso as superamos), montañas, moita naturaza e moitos zona verde rica en osíxeno, fauna e vegetación, amais de presiosas paisaxes e postas de sol.
Hai de todo para tódolos gustos. O mar e o monte combínanse en doses apropiadas. Súmome á mítica frase do anuncio de Colón: “ Busque, Compare y si encuentra algo mejor: cómprelo”. ¿Por qué ir a coñecer outros sitios fóra de Galicia –cousa totamente lícita- cando nós mesmos dispomos de abundantes e variados destinos turísticos?. E o máis importante: máis baratos e con mellor comida que naqueles lugares “top” onde o prato está máis vacío que cheo. E todo moi preto de nós.
Coa chegada do verán as festas gastronómicas multiplícanse máis ca un gremlin sumerxido no Océano Atlántico. Non vou entrar no das festas. Iso abordarémolo outro día quizás. So digo que, por encima, moitos dos concellos galegos dignos de visitar teñen ese outro rico valor engadido que serve de apetitosa disculpa para visitalos.
As viaxes fóra de Galicia están ben., pero teñamos máis presente ós concellos de Galicia. Visitémolos máis. Seguro que nos atoparemos con sorpresas moi agradables. Senón probade e logo xa me diredes. Insisto: Galicia é un sitio moi rico en pobos, paisaxes e comidas. A ver pensade: ¿Por qué veñen cada ano tantos foráneos a visitala? (ollo!!! deixamos a un lado o fenómeno de masas de Sanxenxo…). Éche boa verdade o famoso dito de que sempre se aprecia máis o da fóra co da casa. Que desgracia a nosa!!!!!!.
O que acabao de dicir non é óbice para que, se temos a oportunidade, tamén poidamos viaxar e oñecer algún dos destinos “top”. Se che apetece e podes pois ¿por qué non?….Outra cousa é ir por ir porque PEPE E MARIA foron e eu tamén teño que ir por non ser menos. Destas persoas hai bastantes…. Home!!! Iso é deixarte levar pola moda sen máis…..
Remato: Como norma xeral deberíase viaxer máis por Galicia antes de coñecer o que hai fóra. E o mesmo digo para con España: primeiro deberíase coñecer España e logo saír fóra dela. Insisto, que tampouco hai que ser cuadriculados: de vez en cando podemos ir a un destino dos de “moda” para variar……Outra cousa é ir sempre ó estranxeiro e non coñecer o pobo que temos a 50 km, e que nós nunca fumos ver, xa que como moitos pasamos por alí sen pararnos…..
¡¡¡¡¡VIAXEMOS MÁIS POR GALICIA!!!!!!¡¡¡ QUE É UNHA VERGOÑA QUE, EN MOITOS CASOS, SAIBAN MÁIS DELA OS QUE VEÑEN DE FÓRA QUE NÓS!!!
Carpe Diem
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario