domingo, 14 de maio de 2006

A marea azul

Domingo, 14 de maio de 2006. Unha vez máis voltounos dar unha nova alegría. Non me cansarei de que o siga facendo. Non é cuestión de acostumarse a que gañe carreiras porque logralo é moi difícil. Falo -como non- de Fernandinho Alonso. E o de "Fernandihno" non é casualidade. Se fose brasileño, a súa lenda sería moito maior ó cabo dos anos do que, a bo seguro, vai ser cando se retire. Hoxe é a primeira vez que un español gaña unha carreira de Fórmula 1 en España. Foi no cirucuito barcelonés de Montmeló, diante de milleiros de aficionados. Din que uns 132.000 nada máis e nada menos, na súa meirande parte españoles, que acudiron ó circuito esperando asisitir a outra clase maxistral de Alonso. E abofé que o lograron. A ocasión merece que publique máis dunha foto neste artigo.

Acompañado da "marea azul" deleitounos coa súa 11ª victoria na Fórmula 1. É o terceiro piloto en activo con maior número de victorias, empatado con con Jacques Villeneuve, so por detrás de M. Shumaquer (con máis de 80) e de D. Coulthard con 13. Nunca estiven nun circuito de Fórmula 1. Sería interesante facer un estudio entre os aficionados que van a eles e coñecer cómo lle afecta á súa saúde auditiva. Pola t.v. xa asusta oír o ruxir dos motores deses bólidos...

¿E a marea azul?, isto é, os aficcionados españoles que apoian a Fernando alá por onde van. ¿Que dicir deles? Pois que chapeau. É certo que ir a Barcelona non é como ir a outros circuitos máis lonxanos, pero aínda así.... Este domingo abarratoban coa súa presencia o circuito de Montmeló. Isto dános unha idea da ilusión que nos está inculcando este xoven piloto asturiano de tan so 24 anos. Oxalá dure moitos máis anos.

O vindeiro ano a marea posiblemente sexa prateada ou doutra cor. ¿por qué? porque Fernandinho deixará Renault para irse a Mclaren. E as cores do coche cambiarán. De todos modos, non se pode perder de vista que moitos dos aficcionados son asturianos, coma Fernando, e que a bandeira de Asturias é azul.

Sexa como fose, noraboa a Fernando e a toda a marea azul que inunda coa súa presencia os circuitos de Fórmula 1.

--------------------------------------------

Un punto e parte a este tema, para falar doutro en parte relacionado. Espero que tódolos aficcionados ó motor sepan diferenciar que correr so se pode correr nos circuitos, que as carreteras son so para conducir dentro dos límites de velocidades estipulados. Porque logo pode haber accidentes desgraciados que a ningúen gustan.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :