As triquiuñelas das empresas de internet (2)
Continuando co tema de Juarradu ("J") comentarvos que hoxe chamei ó 91 252 12 00 que era o número que me deixaron no albarán de entrega. É o número de France Telekom (ou o que ven a se-lo mesmo: wanadoo). Seguen sen collerme. Cando chamo varias veces descolgan o teléfono para que dé comunicando ou se xa levas chamado varias veces póñenche unha grabación para que chames a outro teléfono (que por certo...fai igual que éste).
So nunha ocación tiven a tremendísima sorte de que me "atenderan" a chamada. Unha amaabilíiiiiiiisima señora, díxome que iso era cousa que tiña que falar so coa empresa de transporte urxente que me entregou o pack....que eles non tiñan nada que ver. Díxenlles que non, que os responsables son eles que me mandan algo que non solicito (un roter). Dinme que espere un momento. Ó cabo de 5 segundos saéme unha grabación que me remite a outro teléfono e "amablemente" córtase a comunicación...
E TODO ISTO PASA CANDO O GOBERNO DI QUE XA REGULOU O TEMAS DAS EMPRESAS DE TELEFONÍA E INTERNET DE FORMA MÁIS ESIXENTE.......Digo que que se fose por temas de propiedade intelectual seguro que me farían máis caso, como lle fan á SGAE polos temas do canon en cd´s ou dv´s que compras e que empregas para diferentes cousas a grabar música.....
A VER SE UN GOBERNO DUNHA VEZ POR TODAS SE PON SERIO CON TRIQUIÑUELAS COMO AS DE "J". NIN O GOBERNO DE AZNAR NIN O DE ZAPATERO ESTÁN FACENDO O SUFICIENTE......Despois tentaranos vender a moto de que empresas tipo "J" non mexan por nós, senón o que pasa é que está chovendo.
NADA, QUE ESTOU MOI CABREADO...Oxalá que isto mismo lle pasase a calquer político para que vise a impotencia que se sente ante tanta desprotección
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario