Seguidor do Sevilla famoso //// Un metro en Sanxenxo
Falaba onte do seguidor do Sevilla en Holanda durante a disputa da final. Dicía que o home se desvivía e se emocionaba moito. Aquí vos vai a foto del que sae hoxe publicando nun diario deportivo. Miguel Ternero, que así é como se chama este seguidor, convertiuse nun rostro coñecido estes días. E non foi por contar a vida privada do seu can, ou revelar secretos de alcoba ou, simplemente, venderse por cartos...
--------------------------
Metro para maior atracción dos turistas en Sanxenxo
Entereime o outro día que o alcalde de Sanxenxo manifestou nos medios de comunicación a intención de que nun futuro próximo (menos de 9 anos) Sanxenxo conte cun metro lixeiro para comunicar Portonovo con Sanxenxo (so os dous pobos enténdese). Particularmente, penso que é unha obra faraónica innecesaria. Cómpre prestar atención a outras moitas prioridades antes: servicios sociales (persoas sen recursos, axuda a domicilio insuficiente, escasez de pisos de protección oficial, programas de emprego para a xuventude, etc. O do metro soa a insulta para moitas familias de Sanxenxo que se sacrifican para chegar a final de mes e pagar relixiosamente impostos e gastos da vida do día a día.....
Isto é como se falamos que o Concello fose a construir un hotel de 6 estrelas, sí 6, en lugar de facer pisos de protección oficial para os xóvenes (cousa que tamén está a pasar se pensamos que se nos está a vender un campo de golf para acabar con todo o paro dos sanxenxinos....ver para crer....)
Por outro lado, e no caso de que se fixera o dichoso metro, ¿¿¿implicaría subir máis os impostos ós sanxenxions empadroados --que non ós que veñen a veranear ó seu pisiño na época megafashion???
O que hai que ver e escoitar de persoas que deberían priorizar as necesidades sociais dos RESIDENTES PRESENTES..............Ademais, ¿sería tan necesario un metro?? ¿e que Sanxenxo queda moi lonxe de Portonovo?? ¿Acaso non ten un paseo fabuloso que conecta as dúas vilas?....
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario