Cousas de aquí e de acolá
Ségume gustando a serie "Aquí no hay quien viva" a pesar de que boto en falta personaxes como o da pija e o dos seus dous ex-mozos (o que interpretaba Dani Guzmán e máis o do pseudopijo que todo quería comaprar con cartos). Os novos personaxes aínda están algo verdes, pero aínda así a serie segue entretendo. O que espero é que non lle dean volta a certas tramas que, iso si, empezan a cheirar a "Los Serrano". Estoume a referir que se Belén hoxe está con Emilio e mañán non, por exemplo.
Sexa como fose, e aínda que haxa moitas situación absurdas e/ou esperpénticas, a serie ven ben para reírse un pouco, que fai falta nesta vida. Alguén dixo, e creo que tiña razón, que 5 minutos de risa favorecen á saúde...
Agora so falta que se faga unha versión local da serie. Pero, tempo ó tempo, algún día chegará....Ó ritmo que imos.....´
------------------------------------------------
------------------------------------------------
Cada día vexo máis claro que as televisións son partidistas, ata o punto que conculcan o deber ético da obxectividade. Que falta de profesionalidade por parte dos seus directores......Unha mágoa. Pero claro, xa se sabe que os medios de comunicación son o cuarto poder do Estado.....
Espero que se tente separar os intereses partidistas do que son as noticias obxectivas e contrastadas. E que non se confunda á xente ou se desinforme, ou se conten medias verdades ou medias mentiras. A xente debe saber tódolos datos e logo cada un que quite as súas propias conclusións.
A modos de exemplo compra "El Mundo" e "El País", ou "Antena 3" e "Cuatro".....Non digo que mal informa, so comparádeos e logo quitades as vosas propias conclusións. Verdadeiras diferencias......
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario