Días longos e agradables
Gústame esta época do ano. Podes disfrutar de tardes longas, non coma nos messes de novembro, decembro e xaneiro que parece que estás invernando e que vives máis de noite que de día e que apenas vés o sol, e se chove olvídate.....
Vendo o lado positivo, tamén hai que dicir que habendo unha época de tardes nocturnas pode estar ben para logo apreciar as longas e agarimosas tardes da primavera e do verán....
O que non podo maxinar é que en lugares como Islandia teñan meses de so día ou meses de so noite. BRRRR!!!!! que soporífero debe ser iso. ¿Imaxinades: levantarse sendo de noite, toda unha mañán sendo de noite, toda unha tarde sendo de noite e toda unha noite noite....Ou 24 horas de día sen oscurecer brrrrr!!!!!!!
Disfrutemos desta agradable época que é a primavera....
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario