domingo, 21 de maio de 2006

** FRACASO ESPAÑOL en Eurovisión (xa o avisara)



Hai unhas horas xa vos dicía que a canción de España quedaría, sendo optimistas, entre o posto 15 e o 20. Finalmente ocupou a 21ª posición (de 24 países). Non me equivoquei practicamente.

Canto ós favoritos que daba, si que non acertei en ningún dos 5. Gañou o rock duro de Finlandia (particularmnente non me gusta), por diante de Rusia, un dos países que daba servidor como favorito xunto con Suiza, Dinamarca (ambas quedaron mal), Irlanda e Grecia, que coparon postos sobre o 8º-10º aproximadamente.

Para gañar este Festival hai que ter unha moi boa canción e, ademais países "amigos" que te voten, como pasan cos do Norte e do Este (Noruega, Suecia, Finlandia, Rusia,Ucrania, Lituania, Estonia, Letonia,Rumanía, Grecia, os antigos países que integraban a ex-Yugoslavia,...

No caso de España non cumpre a primeira premisa da vecindade ou afinidade: so está rodeada de Andorra, Portugal, Francia e ten afinidade con Suiza, Bélxica e Alemania pola emigración.

En canto á segunda: unha moi boa canción, tampouco. A canción que escolleron as Ketchup non era mala, pero si normaliña, e en ningún caso estaba para participar no Festival de Eurovisión. E que conste é que si que me guste, pero non para meterse a competir con outros países nunha cita destas dimensións......

A súa posta en escea (algo que en Eurovisión teñen moi en conta) pois nada doutro mundo. O baile puido ser máis animado porque a canción xa é algo suaveciña e con pouca letra. Nun festival como para durmirse.....Cando foi do "Aserejé" inventáranse o baile que estaba moi ben (co movemento das mans.....).

Canto ó que din algúns que eran as mellores que podían representar a España porque eran moi famosas polo "Aserejé" pois non estou dacordo. O que conta é a canción e non o grupo. E se afinamos, o grupo non é que sexa para tanto. De feito so lle coñezo a canción do "Aserejé" e un bo grupo para selo ten que ter máis dunha boa canción. Poñendo un símil futbolístico: un futbolista non se pode dicir que é bo porque un día fixo un xogadón e logo nunca máis fixo nada máis destacado.....Pois aquí so arrasaron co "Aserejé" pero ¿alguén coñece máis cancións boas do grupo? Persoalmente non.

Conste que como dicía no meu anterior artigo, gústanme pola súa gracia como persoas(especialmente Lola e Lucía), pero hai que separar o persoal do profesional. Do profesional gustoume moito o "Aserejé" e so algo coa que representaron a España ("Blody Mary"), pero nada máis. Pero Insisto, unha cousa é que guste algo e outra ben distinta que sexa unha moi boa canción como para representar a España.

ESPAÑA DEBERÍA PRANTEXARSE FACER UNHA SELECCIÓN EXHAUSTIVA DO SEU REPRESENTANTE PARA VINDEIROS FESTIVALES DE EUROVISIÓN. E nisto non hai que deixarse levar polo nome do cantante ou grupo, senón pola calidade da canción......E, iso si, logo ter sorte coas alianzas por vecindade xeográfica. Pero non se pode dicir que quedaron de 21 so por iso.....Si se podería utilizar este argumento se quedase de 2ª, 3ª, 4ª ou 5ª, pero non é o caso deste ano...

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :