luns, 15 de maio de 2006

Triquiñuelas de "juarradu" (wanadoo)

O que vos vou comentar é fidedigno. Quitades as vosas propias conclusións.
No seu momento fun cliente de WANADOO ou "Jjuarradu (en diante "J"). En novembro dinme de baixa. Logo de voltar a contactar con eles en febreiro para sopesar o darme de alta, finalmente decido escoller a opción de telefónica, que a pesar de ser máis caro parece unha empresa máis seria.

Desde marzo son cliente de Telefónica, empresa que me tivo que tramitar a miña baixa definitiva en "J" porque a pesar de que me deran de baixa, a nivel técnico ésta non se fixera efectivo. Primeiro tentaron cobrarme por un servicio que xa non estaba a recibir e logo, cando deixaron de pasarme a factura e recoñecen o seu erro, non me dan dado de baixa a nivel técnico, motivo polo cal non me poden dar de alta en Telefónica e disfrutar da línea ADSL. Ata un mes e medio despois non teño ADSL con Telefónica por culpa de "J".

Cando pensei que todo se acabara.......chego hoxe á casa e atópome cun roter de "J" para dispór de ADSL empresas ¿?¿¿¿?¿?¿?¿?¿. Chamo ó 1414 ("J") para que veñan a recoller o "regaliño envenenado", pero dinme que teño que chamar a outro teléfono....Probo a chamar a un 91......de Madrid pero nadie me colle. E así con outros teléfonos.

Chamo a Telefónica e dinme que teña coidado porque "Juarradu" adícase a dar altas fraudulentas empregando firmas falsificadas de usuarios.......e que me convén devolver ó roter porque senón eles dan por suposto que quero darme de alta con eles, a pesar de que xa teña contratada ó ADSL con Telefónica. Para iso falsifican solicitudes de baixa en Telefónica firmando ó meu nome. Parece ser que o fan bastante a miúdo. Sobran os cometarios...........

Ante este dilema, prosigo chamando ós telfnos de "J" pero ou ben me din que nese telfno non están capacitados para facer a xestión de recollelo roter ou ben non contestan ó teléfono.....

CON ESTE PANORAMA, ESTOU INDIGNADO, POR DICILO SUAVEMENTE. ¿ou non é para estalo?Agora so falta que se fagan pasar por min para darme de baixa en Telefónica.

A min paréceme de Xulgado de Guardia a actitude de "J"

Se coñecedes algún caso similar ou me podedes axudar ou aconsellar que facer, estou aberto ás vosas propostas.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :