xoves, 11 de maio de 2006

A forza da humildade e o sacrificio unido a unha aficción que fai de xogador nº 12

Aínda que son do Barça (e do Celta), alégrome que o Sevilla gañanse a Copa da UEFA. Sen ter unha plantilla de megacraks como o Madrid ou o Barça soubo conquistar un título moi importante. Aínda me lembro dalgúns seguidores que presenciaban onte o partido en Holanda. Vivíano con intensidade, co corazón nun puño e cunha ledicia 100%. Especialmente había un aficcionado que enfocaba a miúdo a tv. Parecera que lle fose a vida nel. Rezaba, ría, choraba de felicidade. UN AFICIONADO TOTAL.

Pero este logro do Sevilla vai unido a unha espléndida temporada na competición da regularidade, isto é da Liga.

Sinxelamente, chapeau.


Agora vaime tocar a min e o meu Barcelona conquistar a Champions. Vexo complicado porque é un so partido. Se fose a dous, a perspectiva sería mellor. So espero que teñamos sorte --a poder ser que tamén a merezamos--- e que gañemos a Champions. Sinceramente penso que sería un xusto premio a dúas campañas de bo fútbol e dous títulos de Liga. Pero no fútbol pode pasar de todo en 90 minutos. ¿Favorito? Os dous poden gañala. Nunha final ata o máis favorito pode perder.

Noraboa ós sevillistas. Agardo que dentro dunha semana sexa o Barcelona quen estea de celebracións.....

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :