luns, 25 de novembro de 2013

** Non á violencia de xénero

No Día Internacional contra a violencia de xénero hai que dicir NON a calquera tipo de maltrato sexa físico, psíquico ou social cara a muller. Ningunha persoa se merece que a maltraten. ¡¡Ningunha!!¡¡Non se pode consentir ningún tipo de maltrato cara ningúen!! No caso que nos ocupa, o da violencia de xénero, cabe insistir en que a muller maltratada pode e convén que se informe ben no 016 ou nos Centros de Información da Muller (C.I.M.) máis próximo ou acudir ós Servicios Sociais de atención primaria do concello. Tamén cómpre lembrar que calquera persoa que presenciase un maltratdo pode denunciar ese maltrato aínda que non sexa a persoa directamente afectada. O maltrato é un tema delicado e complexo pero débese pedir información, orientación e asesoramente e non quedar de brazos cruzados. Actuar non é sinxelo nin moito menos, pero non actuar tamén pode ser perigoso. En todo caso, débese pedir axuda e informarse axeitadamente diante de profesionais especializados coma psicólogos, traballadores/as sociais e avogad@s.
.....................................................................................................................................
Julio Torres


ENLACE DE INTERÉS: ** Mulleres en Galicia

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dixo...

É certo que calquera persoa maltratada debe denunciar o seu agresor, pero ás veces tamén podo poñerme na pel desa muller (digo muller e repito MULLER) que se pode sentir paralizada polo medo, pola vergonza, por non saber a onde acudir, pola falta de información sobre o que facer...

E tamén podo comprender aqueloutra persoa que, por non se meter en problemas, porque non é cousa súa, porque a ela non lle afecta... non denuncia unha agresión. Ai, non. Isto último non o podo comprender.

Un saúdo.

Mary Camiña dixo...

Por desgracia, hai maltratos psicolóxicos que son aceptados pola maioría da sociedade rural, como que o home lle chame de todo á muller, menos guapa, sempre e cando non cheguen ás mans. Nestes casos, quen acaba moi mal son os fill@s. Coñezo un caso en concreto e ao querer denuncialo me frearon..., pero algo puiden facer ao respeto: O "maltratador psiquico" do que falo é machista e, no ámbito familiar, arremetía contra todas as mulleres, sexa nai, irmá, fillas...; un día pareille os pés na casa da súa nai e diante miña xa non o fai. Falei aparte coa muller e fill@s sobre a violencia de xénero, decíndolle que violencia non é só a que deixa marcas no corpo senon a que te marca tamén a alma, a que te apouca e te fai sentir unha "merda" ( e perdón pola palabra, non encontrei outra máis axeitada), e polo que sei, algo lles fixo pensar, xa que dende aquela pediron consello psicolóxico e véselles máis tranquilo el e máis aliviadas elas.
Moitas veces, creo que a esta conducta é froito dunha educación deficiente. En certas familias ainda distinguen o rol controlador e a supremacía do home fronte a muller e ise é un grave erro. Pouco a pouco debemos concenciar aos nen@s da igualdade das persoas e dos dereitos que estas teñan sexan homes ou mulleres, heterosexuais, ou homosexuais, "normais" ou con algunha traba psíquica, de comportamento ou motora...
Creo na educación como arma contra a violencia de xénero, educando aos nos@s nen@s teremos defensores da igualdade adultos no futuro.
Saúdos.

Julio Torres dixo...

Mary: coincido plenamente en todo o que dicides tanto ti como estrela de xullo. No tocante ó maltrato psicolóxico pode deixar pegadas mais profundas que o fisico (que xa son de por si moi grandes e ata mortais) e, desgraciadamente, son mais dificiles de demostrar. Insisto calquera maltrato é cruel e inxusto. Nestes casos falamos da muller que é a máis maltratada con diferencia, pero se fose dun home a outro home.etc pensaria o mesmo NON A NINGUN MALTRATO SEXA CAL SEXA E A QUEN SEXA DIRIXIDO. Un maltratador penso que o nome de persoa lle ven moi grande. Demasiado.

Julio Torres dixo...

Estrela de xullo: completamente dacordo.