** O recuncho literario: Nos teus brazos
SANXENXO. mARY CAMIÑA
Un sorriso nos beizos
e no corazón un gozo intenso.
Mirando os teus ollos feiticeiros
perdo a noción do tempo.
Unha caricia, unha insunuación,
un aloumiño e un sentimento,
unha nova sensación
que cambiou o meu firmamento.
Nos teus brazos protexida,
síntome flotar nun mar de ledicia,
sentindo as túas caricias,
bebendo o amor que me enfeitiza.
Un fitarme con dozura,
nun mundo de fantasía,
Un momento de loucura,
un desexo que me desafía.
Pouco a pouco saboreándote,
sen presas nen censuras,
o meu corpo entregándose,
olvidándose da cordura.
Tremores que me fan xemir,
de gozo e desesperación,
sentíndo cada centímetro de tí
non querendo separarme, non.
Quero sentir, sentir,
e sempre unida a tí estar,
non pensar e só sentir,
nunca este momento acabar.
Entre suspiro e xemido,
os nosos corpos se entenden,
parecen perder o sentido,
piden máis e máis teñen.
E nunha perfecta unión,
as miñas entrañas,
oh, maravillosa sensación,
de doce mel bañas.
E cun sorriso nos beizos,
e os corazóns entrelazados,
no mesmo leito,
os nosos corpos sosegados.
[© Mary Camiña]
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Precioso, Mary.
Gracias, Alvariño, iso anímame a seguir escribindo e publicando. Un saúdo.
Moi bonito, romántico e cheo de moito sentimento e sensibilidade.Parabéns!! Con isto de que xa lin as cousas antes de publicalas, e xa lle teño dito ó/á autor/a que me gusta o que envía, logo olvídaseme comentalas no propio blog.
Por si acaso, quero deixar claro que todo o que publico en A Lareira Máxica e que non é meu gústame.
Publicar un comentario