mércores, 31 de xullo de 2013

** ¿Qué é o déficit público e cómo se modifica?

Iniciamos con este artigo unha serie de tres adicados á economía. Están os tres feitos pola nosa colaboradora Mary Camiña. Pretende acercar dunha forma sinxela e básica diferentes aspectos da economia de xeito sinxelo para informar á cidadanía, pois a xente oe falar do tema pero non toda sabe o que hai. Gracias Mary.



.....................................................................................................................................

Non sei se sabedes que me gusta a economía, sobre todo na que aplicas
solucións económicas sin atender ás ideoloxías políticas e non ao revés. O déficit público é un tema de actualidade, pero non sei hata que punto sabedes o que é, cómo se forma. Pois hoxe invítovos a descubrir, de forma breve e o máis simple posible para que vos fagades unha idea, e sobre todo, cómo se pode modificar.

Para empezar decirvos que o Déficit público é a cantidade de diñeiro
en que superan os gastos sobre os ingresos:

Déficit =Ingresos - Gastos <0

Para diminuír o Déficit, debemos aumentar os ingresos( iso sábeo todo o mundo) (vía Cotizacións S.S.(Seguridade Social), IRPF, IVE, etc.), e/ou diminuír os gastos (diminuíndo o paro, diminuímos os gastos por subsidios, etc.)

O PIB (Producto interior bruto) é o valor de bens e servizos finais producidos nun territorio durante un período de tempo determinado (normalmente trimestral ou anual). O PIB é igual á produción total de bens e servizos menos os consumos intermedios (é dicir, o que se necesita para crear produtos). O PIB a prezos de mercado é a suma do consumo final (C) e a formación bruta de capital (FBC)( é deciir, todo aquilo que xenera o mercado que teña valor e non sexa consumo: inversións, aforro dos cidadáns, etc.) máis as exportacións (X) e menos a importacións (M)

PIBpm = C + FBC + X - M

O consumo final e a formación bruta de capital representan o comercio interior, mentres que as exportacións e as importacións representan a evolución do comercio exterior.(Unha posible vía de subida do PIB sería exportar produtos ao extranxeiro, e para iso necesitamos que comecemos a producir e abrir mercado internacional, tanto dentro como fóra de Europa).

O coeficiente de Déficit % que nos marca a UE é o cociente do Déficit entre o PIB, multiplicado por 100. É pois, a porcentaxe de déficit que posúe o país respecto á riqueza que xera ao ano.

Despois de aclarar as igualdades macro-económicas, podemos xa centrarnos en cómo diminuír o déficit%:

. Aumentando o PIB p.m; mediante o crecemento da economía e afloramento de parte da economía sumerxida ou mergullada, xa que pensar que toda a economía mergullada pode aflorar nun país é unha utopía, e o que nos interesa nestes momentos é unha proposta seria e realista.

. Diminuíndo o Déficit; por vía dos ingresos: aumentando o número de cotizacións á S.S.; e aumentando os ingresos vía IVE que se poida recuperar desta parte da economía mergullada. A contribución por vía do IRPF será menor. Por vía dos gastos: as persoas que se dean de alta á S.S., deixarán de percibir axudas ou subsidios. E non como nos queren facer crer que baixou o paro en 127.000 persoas e só aumentou a cotización á S.S. en 24.000; eu non sei a vós, pero a mín non me saen as contas... O que está claro é que se non aumentan as cotizacións á Seguridade Social, os ingresos non aumentan.

Ata aquí como podemos influir no déficit, o próximo día poñerei uns datos moi interesantes sobre a economía sumerxida ou mergullada deste país levadas a cabo por dúas institucións independientes, soprendentemente, a pesar de pertencer a diferentes países, coinciden nos datos que reflicten.

Espero que vos aclarara algo, e se tendes algunha idea máis ou pregunta non deixedes de comentalo, hai que levantar este país e hai que comezar por dar información verdadeira e non deixar que nos tomen por ignorantes; dame moita rabia cada vez que poño algunha canle de comunicación e escoito semellantes datos, como por exemplo, o que comentaba dos número de disminución de parados e de afiliados á S.S., e dinno cunha alegría descomunal, eu creo que nos intentan manipular, e como xa comentei máis dunha vez, detesto aos manipuladores. Saúdos.

.....................................................................................................................................
SANXENXO. Mary Camiña

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dixo...

A teoría é una cousa. As posibilidades do noso país para xenerar riqueza, enormes. A maioría dos xornalistas son uns papanatas postos a dedo por ser fieles seguidores da liña editorial do medio ó que serven, ejem...ejem..., no que traballan. Unha inmensa parte da poboación do país é cuasi-analfabeta. E, finalmente, e para completar tan fermoso cadro, temos unha casta política corrupta e incapaz ata extremos insospeitados. Non lles viría mal refrescar conceptos, se é que teñen algo que refrescar, claro.
¡Saúdos!

Alvariño dixo...

En Agosto voume tomar unhas vacacións. Estou realmente esgotado e o corpo pídeme desconectar e descansar. Espero regresar en Setembro máis animado. ¡Bo verán e vémonos pronto!

Julio Torres dixo...

Alvariño: o primeiro é o primeiro. Descansa, recupératenos pronto e agardamos tod@s lerte en setembro. E cando falo en plural é porque non son o único que o pensa. Bo verán a ti tamén!!!

Mary Camiña dixo...

Bo verán Alvariño, espero que este descanso che sirva para recargar as enerxías e volvas a deleitarnos cos teus escritos. Cóidate moito. Saúdos.