** Luto en Galicia
Para hoxe tiña programada unha entrada en A Lareira Máxica que conmemoraba unha data festiva, o Día de Galicia, o 25 de xullo. Era o himno galego. Evidentemente, elimineina logo da traxedia que aconteceu onte co descarrilamento do tren Madrid-Ferrol a 4 Km da estación de Santiago de Compostela no que perderon a vida preto de 100 persoas (nestes momentos, informan que xa son 78, ougallá non medrara máis esta cifra). O 24 de xullo de 2013 será o día máis triste da historia do noso país. Víspera do 25 de xullo, do Día de Galicia, as futuras celebracións irán unidas para sempre ó aniversario dunha gran e fatídica traxedia que nunca debeu de acontecer. Nunca. Desde A Lareira Máxica o pésame para todas aquelas persoas que perderon a familiares, amig@s ou coñecid@s neste accidente. E moitos, moitísimos ánimos para tod@s eles/as. Son momentos moi duros e tódalas palabras e apoios son insuficientes para expresar a pena por este fatal acontecemento.
..................................................................................................................................... SANXENXO. Julio Torres
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Non teño palabras. É unha traxedia que quedará vencellada para sempre a estas datas. Espero que se esclarezan as causas do accidente e que nunca xamais se repita algo semellante.
O máis sentido pésame para todos os que perderon a un ser querido neste accidente e tamén o meu apoio e cariño para animalos a tirar para diante. A fin de contas, faranse actos oficiais, funerais aquí e acolá, e a vida seguirá e daquela, cando marchen os políticos e os da tele, cando haxa que enfrontarse o valeiro que deixan as persoas non van voltar e cando máis se necesita o noso agarimo, a nosa aperta.
O 24X xa é outra das datas que lembraremos sempre, como lembramos o 11S, ou o 11M e con ela recordaremos, cada un de nós, o que estabamos a facer neses momentos cando, un pouco incrédulos,asistiamos ao desfile de números. Primeiro eran 4, logo 15, 35, 54...Porque nós contamos números, pero oitenta familias xa nunca máis poderán contar esa VIDA. Unha aperta.
Gran traxedia a de onte, só imaxinar o que deben estar pasando os familiares e amigos destas persoas que se foron para sempre, deixando ese inmenso vacío que ninguén poderá volver encher, sinto unha dor intensa na alma..., hoxe tiven que apagar a televisión para non botar a chorar (a dor, sexa propia ou allea, máis eu non nos levamos nada ben).
Quero quedarme con algo que me emocionou profundamente: a reacción tan propia e tan exemplar de tódalas persoas que axudaron, tanto no rescate, como atendendo aos enfermos, apoiando aos familiares e amigos, e a tódalas persoas que acudiron a doar sangue... Un gran exemplo da solidaridade do ser humano.
O meu máis sentido pésame a familiares e amigos.
Un abrazo moi forte.
Publicar un comentario