** Equivocacións ou realidades
Din The Pretenders nesta canción "non permitas que me equivoque". Coido que o mundo está do revés, que algo non está a funcionar ben, que hai dúas medidas diferentes, que non tod@s somos iguais cando deberamos selo. Quizais, so quizais, algún mecanismo ou máis dun algúen se está equivocando por activa ou por pasiva, polo que fai ou polo que deixa de facer. O doado é non complicarse a vida, permitir equivocarse a sabendas de que se é inxusto. O complicado é ser xusto, ecuánime, comprometido. Ser honesto hoxendía é un valor corrupto, namentres a corrupción vístese con aires de honestidade e baila no carnaval ó ritmo de samba, mesmo sen estar no Brasil. Non sei se o mundo está tolo, tolo, tolo, como aquela película, o que sí sei é que o mundo está do revés. É pior roubar un chourizo que ser un chourizo con pegadas sixilosamente brancas. Algo cheira a podre nesta sociedade. Coido que, como din os Pretenders, mellor sería non equivocarse. E non so iso, senón ter a firme intención de non equivocarse. Namentres o bipolarismo da sociedade acentúase e as equivocacións perpetúanse. Posiblemente, os que xustifican os sacrificios son os que menos se sacrifican e os que mellor viven. E os que falan de que todos somos iguais, son os primeiros en demostrar que o conto non vai con eles. E os que piden donativos tendo moitos cartos logo invirten en bolsa e non pagan impostos. E ós que axudamos económicamente con moitos cartos, son reacios a prestarche cartos a ti e namentres a economía sumérxese en paraísos fiscais e en cartos negros en B... e tantas cousas. E quizais iso, so quizais, non sexa unha equivocación, senón unha intención e claros privilexios que non interesam cambiar. Tamén pode ser que estea equivocado, e que o mundo e a sociedade funcione ben. So quizais... Do único que estou seguro é que esta canción dos Pretenders é unha gran canción. E moi animada. O que non é pouco nestes tempos.
Julio Torres
6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
"Este país non ten remedio...", dicía o escritor e xornalista Miguel Anxo Murado no seu libro "Fin de século en Palestina" e referíndose ao conflito árabe-israelí. Eu cambiaría o termo de "país" polo de "mundo" e así xa teriamos un resumo, acho que bastante acertado, da época que nos tocou vivir.
Está claro que este mundo non é xusto, nin bo, nin solidario, pero desde que o mundo é mundo sempre houbo ricos e pobres, vencedores e vencidos, asoballadores e asoballados, honestos e corruptos, valentes e covardes... E isto creo que é precisamente o que nos fai avanzar como civilización porque, cando algo non funciona ben, sempre (sempre?) houbo a posibilidade de cambialo. "O povo é quem mais ordena", dicía tamén o Zeca Afonso.
E entrando xa nun terreo máis "micromundo", creo que deberiamos apartarnos do camiño de todas aquelas persoas que non merezan a pena, porque o máis probable é que pensen o mesmo de ti. Non sei se é unha actitude conformista ou derrotista, pero si que evita problemas.
Un saúdo a todos os colaboradores/as d´A Lareira Máxica.
Gran artigo, Julio. A sociedade está podre. E moita xente é unha ignorante. Outros, xente de a pé, uns corruptos máis. Conciencia democrática moi pouquiña. E logo, ¿non eran ben felices aqueles que compraban/compraron os favores dos caciques/políticos? Moi felices, felicísimos. Porque eles, os que pagaban, tamén se sentían poderosos, porque eles podían pagar, porque eles tiñan cartos, porque eles eran os ricos. Sempre que alguén vende e porque outro está disposto a pagar, a entrar no xogo.
A mín tamén me da a sensación de vivir nun país de solucións equivocadas... Xa sabedes que unha das miñas paixóns é a economía, e tristemente como se toman decisións nada acertadas, non sei se por falta de información ou por non vivr nas súas propias carnes, os que teñen que tomar medidas, da crise. Realmente creo que viven nunha burbulla na que a economía non lles afecta xa que eles sí teñen soldo, e na maioría dos casos, vaia soldos!!!. A maioría de nós creo quie nos deixaríamos a pel só pola cuarta parte...
Onte mesmo me comentaba unha peluqueira que ela, por motivos persoais, só podía manter a peluquería aberta medio día, e que fora á Seguridade Social, preguntar se podía darse de alta e cotizar só por medio día, xa que o resto do tempo non podía exercer a súa actividade. A resposta foi que " Se non podes traballar todo o sía ise non é problema noso.." Veu cabreadísima, e non me extraña, eu e moitos coma mín, que nos adicamos á ensinanza de reforzo (pasantía) sentímonos igual, xa que pola mañá os nenos acuden a clase (Primaria, ESO, Bachiller, etc.) e só podemos, polo tanto, exercer o ensino medio día; mentras que a S.S. págase por xornada completa, e, sobre todo se apostas por un ensino de calidade de como moito 4 nenos por clase e cunhas tarifas ao alcance de tódolos pais, o que gañas ao mes lévacho a cuota, e iso sen contar o que cobra unha xestoría polo resto dos papeleos: altas, baixas, trimestres, IRPF, etc.
Algo tan fundamental como liberar as cuotas da S.S., para que a xente poida cotizar en funcións dos días e horas traballadas non o fan, e despois queixanse da economía sumerxida... E así moitísimas cousas...
O dos chourizos de marca blanca tamén da moito que pensar..., un científico recén chegado de Alemania para quedarse no seu pais se preguntaba onte onde ían os cartos que había para os programas de investigación,xa que supoñían que só quedaban cartos para seguir investigando 3 meses máis; e pensei: "pregúntalle aos chourizos de guante branco, que seguro que o saben...", e igual me equivoco eu tamén...
Non sei eu, Julio, se vivimos nun país de equivocacións ou somos nós os equivocados..., pero éncheme de tristura ver tantos recursos sen aproveitar e tantas cousas sen arranxar podéndose facer.
Un saudo a tod@s.
Estrela de Xullo:estou dacordo coas túas verbas. Por certo, benvida a A Lareira Máxica, un lugar no que podes enviar os teus propios artigos, o primeiro dos cales verá a luz moi pronto. Gracias.
Alvariño: gracias polo que me toca. So tratei de expresar algo que é vox populi. Gran verdade o que dis Alvariño.
Mary: Non teño nada que engadir ó teu comentario, so que en realidade o que quería dicir é que o pobo consente esas "equivocacións ou realidades"...
Julio, entendinte perfectamente, i eu referíame a que non entendo como a xente se pode facela cega de tal maneira, e incluso se cren todo o que lles din, e comulgan sen rechistar porque realmente? pensan que é o mellor xeito de sair da crise...Ou igual, tal e como oín por ahí, é medo a unha guerra civil..., non sei...,ou ben,en algún caso, porque esperan sacar algo a cambio. Xa sabes o que se dí: "Non hai maior cego que o que non quere ver" E creo que estamos nun país de "cegos".
Qué triste...Síntome impotente e decepcionada... Un saúdo.
Moitas grazas pola túa benvida, Julio, e encantada de colaborar n´A Lareira Máxica.
Publicar un comentario