domingo, 12 de xaneiro de 2014

** Definicións curiosas do Carpe Diem

Nun breve espacio de tempo, nun momento en que estaba un pouco agobiada polos acontecementos, tres persoas distintas mencionáronme o CARPE DIEM pero, con certa sorpresa, vin que me estaban falando de tres conceptos distintos. Quizáis sexa iso ó que chamo a existencia de distintas acepcións segundo o punto de vista do que entenda cada un.

O primeiro que mo mencionou, foi dunha forma máis tradicional, “aproveita o momento”, dende o punto de vista de non malgastar o tempo que vives. Teño que é unha persoa tolerante, diplomática, sensata e con empatía, o que eu entendo como boa persoa, das que podes falar con elas do que sexa e te escoitará, darache unha opinión pero sin impoñerche nada. Ten todo o meu respeto e incluso comparto, a maioría das veces, a súa forma de ver as cousas.

A segunda persoa que mo dixo foi cun sentido máis parecido a “non te compliques demasiado a vida polos demáis, non sexas tan altruista...”, é unha persoa que sufre cando me ve sufrir e non quere que o pase mal, pero entende que a miña forma de ser é a que é, e que no fondo non son tan altruista, senon que tamén teño o meu amor propio. Sei que a súa intención é boa, que se preocupa e cre, acertadamente, que cando me encargo dun problema non paro, normalmente, ata que está solucionado ou xa non se pode facer nada máis. É unha persoa protectora, que se aparta instintivamente daquelas persoas que lle fan mal, pero, que nunca se nega a axudar a alguén cando llo piden con humildade, sen embargo non é tan diplomático e non soporta á xente arrogante, nin fai por disimulalo.



Ata agora, as definicións eran máis ou menos axeitadas ao que convencionalmente entendemos por Carpe Diem. Pero encontreime cunha definición dun terceiro suxeito que me desconcertou. Ademáis, é que me deu a definición do que esa persoa entendía por Carpe Diem, e quedei un pouco sorprendida. Significaba vivir a vida no momento, sin pensar no futuro, sendo esa persoa o centro do momento e cos demáis contemplándoo e non interferindo. Ufff, que mal rollo me diu..., eso soábame máis a egocentrismo que a outra cousa...Sería esta unha nova forma de vivir o Carpe Diem? Un Carpe Diem Egocentrista? Tiña toda a pinta. Normalmente, con este tipo de xente acabo mal, e, ao meu pesar, así foi: xuzgoume e intentou que prevalecese a súa opinión sobre a miña, xa que se debe crer un ser superior. Respeto a súa visión da vida pero de persoas que non queren saber nada dos seus semellantes, só telos como meros “admiradores”, aplaudíndolles os seus logros e sen pizca de empatía, prefiro apartarme deixándolle claro o que opino. E, tristemente, así o fixen, non por non compartir a súa visión da vida, senon porque teño que ser coherente, se unha persoa, despois de moitos anos sen vela non lle interesa nen o máis mínimo dos sentimentos e vida de quen foi un amigo ou amiga, está claro que un tampouco debe interesarse nela. Deséxolle o mellor, e cando esté preparado para volver a confiar na raza humana e baixe do seu pedestal, e lle interesen o resto dos mortais como persoas que interactúan e non que simplemente observan, aquí estarei.

E, falando do carpe diem e dos “seus significados” eu decántome polo “Carpe Diem Equilibrado”, que ven sendo algo así o que dixo xa unha vez Estrela de Xullo e tanto me gustou, aquel, xa famoso: “Carpe Diem, pero cos pés na terra”. Dito en palabras dun psicólogo: “vivir o momento para aumentar as emocións positivas e as relacións sociais, pero sendo conscientes das nosas capacidades”, sin deixar de lado a planificación económica, e a nosa interacción cos demáis, xa que creo que todos estamos conectados dalgunha forma e as nosas accións repercuten nos demáis. É dicir, a fórmula para alcanzar a felicidade que nos permitirá disfrutar do presente sin influir negativamente no futuro nin nas persoas coas que convivimos.

Saúdos.

...........................................................
SANXENXO. Mary Camiña 

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Fai tempo que me encanta esta expresión. Escoiteina hai moitos moitos anos nun programa de radio, cando era pequeño e gustoume moito tanto polo bonita que resulta dicila, como polo que implica.

Tamén me gusta estoutra frase: disfruta como se foses a morrer mañán, pero pensa como se foses a vivir eternamente. Ou dito con outras palabras: carpe diem pero cos pés na terra, ou carpe diem equilibrado. O asunto é vivir o momento pero, como diríamos os galegos "con sentidiño"

Saúdos

sonia dixo...

É unha frase que me encanta, hoxe ademáis aprendín máis significados.
Bo día