mércores, 19 de decembro de 2007

** Cando un ano remata ...

Cando un ano remata chega o momento de facer balance, de voltar a vista atrás, de facer compendio, borrón e conta nova se fose o caso, que non o é.

Di Calamaro nunha das súas cancións que non se pode cambiar de parella como de sombreiro, sen ter sufrido primeiro e María di que non se pode pretender mirar cara adiante sen deixar atadas e ben atadas as cousas de atrás. Por tanto, cando un ano remata a mellor forma de encarar o seguinte e despedirse do anterior. E iso pretendo eu hoxe: despedirme dun dos meus mellores anos.

Porqué? Preguntarédesvos. Porqué un dos teus mellores anos? Eu preguntaríamo. Pois por varias cousas.

Porque o 2007 era ademais o meu 31 ano. Dous números impares como seguro xa tedes observado. E a unha, que non é precisamente supersticiosa, si que lle gustan os impares.

Porque o 2007 foi a nivel económico – laboral un ano considerablemente bo. Ademais das miñas habituais facetas laborais durante este ano emprendín algunha nova con aparente boa sorte e sentido de continuidade.

Pero sobre todo, e por encima de todo, porque durante este ano que remata madurei aínda máis se cabe como persoa e especialmente como amiga.
Porque neste ano coñecín e aprendín o verdadeiro valor desa palabra tan manida pero tan pouco comprendida: a amizade.

O ano comezou para min cun regalo de reis longamente esperado. Mira que levaba anos pedíndolle ós magos un Ken.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]
    Si, un Ken, jo que a Barbie xa facía anos que a tiña. Ahora so me faltaba o meu Ken. E como din que quen sembra, recolle ... que quen sabe esperar, atopa ... que máis vale tarde que nunca, o meu momento parece que chegara. Algo debín facer bo durante o 2006 porque por fin os meus rogos foran escoitados.

    E aínda que a prantación soe facerse a principios de ano para despois xerminar na primavera, no meu caso a primavera prantou na miña vida a outra persoa (que vergoña me da escribir sobre esto) para que esa semilla fose xerminando tempo despois.
    O caso é que hoxe por hoxe, non sei mañá, (eu prudente coma sempre) podo dicir que teño o enorme privilexio de ter na miña vida a dúas persoas que ó longo deste ano contribuíron a facerma non só máis fácil, senón a ensinarme un montón de cousas, directa ou indirectamente sobre infinidade de aspectos. De verdade que a través deles medrei como persoa, entendín cal era o verdadeiro significado da amizade, aprendín a deixar atrás temores e medos varios, a improvisar. Si, de verdade, a improvisar, por raro e estraño que pareza.

    Aprendín que ser amigo non significa estar ás boas e as malas, senón simplemente estar. Aprendín que os amigos, como os amores, non se buscan, atópanse, e que tampouco existe un lugar mellor que outro para iso. Aprendín que nesta aldea global que nos tocou vivir non existen as distancias. Aprendín a confíar nas persoas e na vida. Aprendín a dar e darme tempo. Aprendín a ser paciente, a compartir, a respetar. Pero aínda aprendín algo mellor ó longo deste ano. Aprendín que cando das un pouco, podes recibir moito. Aprendín a rir en compañía. Aprendín que abrirse ós demais, que deixar que outros te coñezan case tan ben como te coñece túa nai, non só significa que coñezan os teus defectos, puntos débiles e demais senón tamén coñecer os SEUS defectos e puntos débiles e por conseguinte, coñecérmonos uns a outros. Porque eu non son perfecta, e eles tampouco, e iso é o que os fai tan marabillosos.
    Tantas cousas aprendín ó longo deste ano e grazas a eles que non quero olvidalas máis.




UN KEN-ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
(Que hoxe está de cumpreanos. FELICIDADES!!!)

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Hola María! Felicidades, ogallá o novo ano sexa igual de bo.
Felicidades por aprender tantas cousas.
Sí a amizade é algo importante, e as veces non se valoran o suficiente, en ocasión é necesario vivir unha situación forte ou atoparte en situacións para reflexionar e actuar.
Tantas veces reflexionamos, pero o complexo e avanzar, dar pasos hacia adiante, e máis todavía rematar e atar cabos de atrás.
En ocasións o pasado é como unha losa, o desprenderse de certas cousas.
A vida é un camiño, non é doado, pero tamén é un camiño de aprendizaxe, de ilusións, de desexos, de sensacións, de compañías, de tristezas, de alegrías, de...............Cada un, coma di unha canción, pinta o seu propio cadro.

Zebedeo dixo...

Felicidades pois por este ano. Como se soe decir "e pra o ano ... máis e mellor"

Inda que a veces non o parezca seguímosvos lendo as veces dende a veigadescalza

Julio Torres dixo...

Gracias Zebe por seguirnos na vosa divertida http://veigadescalza.blogspot.com/. Un ultimamente non visita moito internet nin case o propio blog, e o "regreso" de El Rincón de La Veiga sempre é unha moi boa noticia. Saúdos a tod@s vos e seguide visitándonos, que nos faremos o mesmo.

Un saúdo, amig@s
Julio

María dixo...

"Aprendín que ser amigo non significa estar ás boas e as malas, senón simplemente estar. Aprendín que os amigos, como os amores, non se buscan, atópanse, e que tampouco existe un lugar mellor que outro para iso. Aprendín que nesta aldea global que nos tocou vivir non existen as distancias. Aprendín a confíar nas persoas e na vida. Aprendín a dar e darme tempo. Aprendín a ser paciente, a compartir, a respetar. Pero aínda aprendín algo mellor ó longo deste ano. Aprendín que cando das un pouco, podes recibir moito. Aprendín a rir en compañía. Aprendín que abrirse ós demais, que deixar que outros te coñezan case tan ben como te coñece túa nai, non só significa que coñezan os teus defectos, puntos débiles e demais senón tamén coñecer os SEUS defectos e puntos débiles e por conseguinte, coñecérmonos uns a outros. Porque eu non son perfecta, e eles tampouco, e iso é o que os fai tan marabillosos.
Tantas cousas aprendín ó longo deste ano e grazas a eles que non quero olvidalas máis."

Jooo, escribía moi ben. Sorpréndome a min mesma. Julio: sacaches unha faceta miña increíble.
Nótase que son unha fan incondicional dun dos mellores escritores en lingua castelán. Este párrafo bebe das fontes do magnífico García Márquez.

Julio Torres dixo...

Abofé que é un gran artigo teu. Non entendo porqué non escribes máis artigos propios estimada amiga María. Todo é poñerse. O hábito fai ó monxe. Se non se practica o hábito pérdese. Por iso anímote a que voltes a escribir no blog. Sería unha gran alegría. E seguro que non son o único que pensa así.

Saúdos máxicos e gracias polos comentarios.

P.D.: A min tamén me encanta, xa o sabes, G.G.Márquez

Alva dixo...

María, é que ti escribes moi ben. ¡Convéncete xa e dálle ás teclas que a este lareira faille falta leñaaaa!
Eu, en canto as malas pécoras das musas regresen ó meu carón, prometo aplicarme o conto e escribir tamén.