** A máquina do tempo......series dos anos 80
Exercitemos a memória un pouquiño. Imos probar unha máquina do tempo. O outro día o Julio faloume deste vídeo que recollía as series dos anos 80. Os dous coidamos que era un interesante exercicio de lembranza: Alf, Cheers, Se ha escrito un crimen, Curro Jiménez, Doctor en Alaska, Luz Luna, El Gran Héroe Americano (que ben o pasaba con ésta), Falcon Crest, Los problemas crecen, Las Chicas de Oro,Corrupción en Miami,El coche fantástico, El Equipo A, Fama ("La fama cuesta"),Remington Steale, Verano Azul, McGyver, Los amigos del Valle Secreto (que a min me gustaba muito) e outras..... ¿Cal era a vosa favorita? ¿que podedes dicir dalgunha delas?.
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Meu Deus!!! Alf era unha serie que non soportaba, xa se que me gañarei a antipatía de moitos/as con este comentario, pero é que a odiaba. Tampouco Cheers era moito do meu agrado pese ó éxito que tiña.
Iso sí, Las Chicas de Oro, Verano Azul ou Los problemas Crecen encantábanme. Dende logo, que bo que estaba por aquela época o Kirk Cameron. Que sería del?
Vai recordos, aquelas series, qué tempos. Encantábame Verano Azul, logo o equipo A, o coche fantástico, por suposto Mgiver (gustábame moito)... Outras non as recordo tanto, ou non as miraba.
Veía Fama todos los domingos
Saludos
Publicar un comentario