martes, 25 de decembro de 2007

** Unha longa noite de traballo para Santa Claus

Parece increíble que Papá Noel poida repartir tantos regalos nunha soa noite. ¿Sospeitoso, a que sí? Pero este ano, foi pillado in fraganti namentras voaba por todo o mundo no seu trineo xunto cos seus renos. Se queredes ver vídeos móstrase disto visitade esta páxina. E eu que pensaba que non existía......Jeje...

¿Sabedes con cantos nomes diferentes se coñece a figura de Santa Claus ou Papá Noel.
Se queredes saír de dúbidas visitade este enlace da Wikipediaque nos remite a nosa colaboradora Raquel a propósito da celebración destas festas. Algunhas son ben simpáticas ou chamativas. Tamén se inclúe unha referencia a historia de San Nicolás de Bari e a súa transformación en Santa Claus.

Un saúdo e seguide pasando unhas boas festas. Iso sí precaución, sobor de todo na carretera se conducides!!!!

P.D.: Síntoo por Papá Noel, pero eu son dos Reis Magos ¿e vós?

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Eu, tamén coma ti Julio, son máis de reis que do ianqui ese de Papá Noel, Santa Claus ou como queira que lle chamemos e mira que está mal que eu o diga que son tamén "media ianqui", pero o noso é o noso.
Nesta sociedade tan globalizada onde o consumismo é o que prima, a máis de un lles virá de marabilla que adaptasemos a tradición doutros, e sempre hai quen recurre a aquilo de que así os rapaces teñen máis tempo para xogar. Excusas!!! Tonterias!!! Se nós non defendemos o noso, chegará o día no que iso dos Reis Magos non sexa máis que outro dos moitos bonitos recordos do pasado.

Toupeira dixo...

A meu fillo cando era pequeno dabamoslle os millores regalos por Papa Noel pra que tuvera tempo a disfrutalos durante as vacacions.

Anónimo dixo...

Podo pasar sen Papá Noel, pero non sen Reis. A cultura ten fondas raigames difíciles de desfacer.
Boa sorte e boa saúde para o 2008.
Apertas

Anónimo dixo...

Boas! Son novo neste blog e hoxe decidín dar paso e deixar atrás o anonimato.

Respecto a esta noticia, coido que o tema chégase a cuestionar e debater todos os anos en diferentes medios; e o pregunta que nos facemos sempre é "consumir ou non consumir?" Vexo que cada ano pesa máis o factor mercantilista-capitalista e menos o factor humano (agás certas excepcións) A isto debemos engadirlle un certo grao de morriña ou tristura. A quen non lle recordan estas datas cando eramos pequenos? Supoño que a todos, sexamos homes ou mulleres, máis ou menos sensíbeis, máis o menos vellos.

De que serve facer promesas e felicitar a este ou aquel se o resto do ano somos descoñecidos. Parece que é unha norma moral. É por iso que se o ano ten doce meses, se temos que agasallar a alguén, non tería por que ser obrigatorio facelo no Nadal. Ademais, nestas datas é experábel que se faga un agasallo, penso por exemplo entre unha parella. Eu, persoalmente, prefiro sorprender ao longo do ano cun agasallo, sen que a data veña ao caso. As sorpresas se se contan xa deixan de ser sorpresas.

E tampouco ten por que ser algo material, algo físico (unha axenda, unha gravata, un perfume,...) Simplemente facendo compaña e charlando sen presas. Isto axuda moito máis, se pensamos nunha persoa maior (os teus pais, os teus avós,...)

Bo nadal a todos e pensade que o ano ten 365 días (+1 en bisestos)


Apertas!

Anónimo dixo...

¡Benvido Luscofusco! Moi bo comentario, alégrame moito que te decidiras a participar. Penso o mesmo que ti, a min tampouco me gustan os agasallos “esperados” nin pouco orixinais, tipo frasco de perfume. Paso do Nadal de comportamentos estereotipados e reivindico un Nadal máis orixinal e menos derrochón. Nestas datas hai moita mestura do complexo de novo rico e de hipocresía elevada a máxima potencia, custa bastante non caer na voráxine consumista e absurda pero é cuestión de facer un pouco de resistencia pacífica.