** Jonhn Lennon, 27 anos despois...O efecto dura
Lembra o noso amigo Eifonso Lagares no seu blog, Islas Cíes (un moi bo blog, por certo), a figura de John Lennon. O ex-Beatles foi asasinado un día como hoxe hai 27 anos por un fan seu de so 25 anos. Tal e como fai Eifonso vouvos poñer o vídeo dunha das súas mellores cancións: IMAGINE. A letra é moi fermosa (se queredes vela podedas consultala no blog Islas Cíes.
Os fanáticos nunca son bos. Unha cousa é querer e adorar a alguén outra cousa é estar tolo ata chegar ó punto de matar a algúen. O seu asasino. Mark David Chapman, obtivo un autógrafo de Lennón, a quen so pouco despois dispararía e mataría...
Por certo a frase do anterior post é unha frase moi certa.....E, falando un pouco de todo, ¿¿¿ porque se fomenta a violencia nas tardes da fin de semana de Cuatro con combates de boxeo??? A min, sinceramente, paréceme que ese tipo de programas debíanse de emitir polas madrugadas, tal e como facía nos inicios unha canle que prometeu dar unha nova imaxe da televisión....Promesas...
UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Ocorre, Julio, que a mensaxe de Lennon non ten caducidade porque un home que escribe e canta a un mundo imaxinario sen guerras, odios, rencores, etc. ten garantido un lugar na historia, á beira de persoeiros coma Gandhi ou Luther King, por poñer algúns exemplos. Sempre nos gustará Imagine e sempre a poremos coma exemplo de confraternidade e bos desexos.
Coincido contido en canto a programación das televisións, non só de Catro, que non me parece da peor. É, de certo, lamentable. Saúdos e unha aperta.
Moi certo Guillermo. Canto ó de Cuatro, levas moita razón, dentro do que hai non é precisamente o pior.....
A ver canto o código de ética e autorregulación e de protección en horario infantil se cumpre en tódalas cadeas e, de paso, renovan contido e apostar por programas interesantes. De nada vale firmar algo que non se está a cumprir. Son da opinión que a xente mira o que lle poñen. Se a acostumamos a programas bos, acabarán por velos. ¿Por que non unha lei ou un pacto entre as cadeas para eleminar o telelixo? A educación en España agradeceríao.
Publicar un comentario