domingo, 30 de decembro de 2007

** Con H de Humor e con R de Risa (e con A de Atraco)

NNun país que presume de ter unha Constitución que proclama a presunción de inocencia, como un dereito fundamental, dáse o visto bo a grabar cun canon económico que irá a parar as "maltreitas" arcas da SGAE certos dispositivos que poden almacenar música (pero que non teñen porqué usarse para estes fins) como teléfonos móbiles, discos duros, tarxetas de memoria,... ¿Será consitucional tratar ós españoles como culpables sen demostrar a súa culpabilidade? ¿Imos cara diante ou volvemos á época do feudalismos? E ollo, A UNS POR APROBAR O CANON E A OUTROS POR QUERERSE SUMAR AGORA Ó CARRO DO NON PORQUE LLES CONVÉN CANDO ANTES TAMÉN O APOIABAN...: Facenda xa hai unha, a outra, A DA SGAE non é máis que un organismo privado, lexítimo, pero cuns límites. Agora so faltaría que voltase o dereito de pernada........Se é que en certas cousas imos para atrás....

O paradóxico é que logo compras un cd e non podes facer unha copia de seguridade do cd (que por certo, están a precio do ouro) noutro cd virxe que tamén mercaste e que está gravado cunha certa cantidade económica a maiores porque xa daban por feito que o ías usar para iso. Entón ¿qué? Unha de dúas: ou quitamos as proteccións para que tódolos españoles poidan copiar libremente o cd que mercaron OU non cobramos o CANÓN. Pero ¿por que coformarse cunha soa cousa, podendo obter as dúas? TOTAL NINGÚEN VAI DICIR NADA... E podería seguir...

A ver: que cobren o canon, pero que llo cobren á xente que usa eses mecanismos dixitais para os fins que denuncia a SGAE. Iso si, que non llo cobren ó resto dos mortais españois porque XA SE DÁ POR FEITO QUE O VAN A USAR PARA ISO. PRESUNCIÓN DE INOCENCIA NON ERA UN DEREITO FUNDAMENTAL. Pero claro, é máis fácil e máis enriquecedor cobrarllo a tod@s e listo. ESTABLECEDE UN CANÓN XUSTO E NON XERAL!!!!! E NON VOS CONTRADIGADES NOS VOSOS ACTOS E NON INTENTEDES COBRAR UNHA COUSA E LOGO NON DEIXAR COPIALA. MENUDA JETA!!!!

Como diría Rosalía de Castro: MEXAN POR NÓS E DIN QUE CHOVE....

¿Ti que opinas desta canon da SGAE?




UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Totalmente de acordo Julio