mércores, 19 de decembro de 2007

** Wanted...Single it lives because it is worth much

Yes. Búscase so viva, porque vale moito. Foi vista por última vez hai unhas horas, cando transportaba caixas de bombóns e unha gran tarta, para celebrar o seu cumpreanos neste 19/12/07. Esbozaba ledicia de ourella a ourella da súa faciana. Non é para menos. Portaba multitude de regalos (Lóxico: meréceos).

Por favor, quen vira a María, gran persoa e gran colaboradora de A Lareira Máxica que nos avise. Porque os restantes membros e colaboradores deste blog queremos saborear un bombón ou un chisco de tartiiiña. Veña María, envíanos un bombón virtual!!!!

Felicidades María!!! Happy Birthday to you!!! Que cumpras moitos máis (xa, xa sei, e que os anos pasen a modiño, como diría eu)


P.D.: Entre o cumpre, Papa Noel e os Reis Magos que envidia sana nos dás...reparte alghun reghalo eh!!. Por certo, a rosa da frase máxica anterior é un presente de A Lareira Máxica



UNHA FELICITACIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Patricia Loureiro dixo...

Parabéns María. Oes Julio ¿e de canto é a recompensa? Biquiños María.

Anónimo dixo...

Jo, moitas grazas a todos. A Julio o primeiro, claro, por facer un alto no seu descanso obrigado para acordarse de min. De verdade que é moito este home. Está en todo. Grazas tamén a Patri, Alvariño, Sonia ....
E nada, que parece que o 19 de Decembro xa se vai converter no día de María na Lareira. Todos os artigos adicados a min, ata a frase máxica.
De verdade que non me considero merecedora de tanta honra.

Julio Torres dixo...

Non sexas modesta María!!!