** Yellowfin and Christmas business
Esta temporada escribín moito, a pluma éme de gran axuda. Non sei cantos anos terá, uns cantos. Levaba unha gran temporada dormitando no fondo dun caixón do escritorio. Atopeina un día, por casualidade, mentres buscaba uns papeis. Sigue estando igual que sempre, é un pracer escribir con ela, un pracer que me ocasiona algunha que outra incomodidade. A min gústame escribir na cama, a medianoite. Teño que recoñecelo, son máis rudimentario que Pedro Picapiedra. Logo ven o peor, teclear o texto no PC. Dáme moita pereza, nunca atopo un momento. Quizais debería comprar un impresora multifunción e escanear os meus folios en vez de teclear.
Non é mala idea pero os indicadores económicos máis fiables, e non me refiro ós que manexa o ministro de economía, senón ós petos dos consumidores, indican que se aveciñan tempos de crise. Hoxe, por exemplo, foi noticia no telexornal de Matías Prats que van subir as latas de atún un 20% e as dos berberechos un 10%. A subida do atún aféctame, gústame o atún. Segundo dixo un mandamáis da patronal, parece ser que as conservas mantiñan os prezos dos anos 80. Non sei, daquela eu soamente me preocupaba dos prezos das chucharías, e, a verdade, tampouco lles afectaba moito a inflación. Estou sensibilizado co tema do consumo, canto máis temos máis queremos. Somos insaciables. Pois non, así non pode ser. Por agora, non vou mercar o trebello multifunción, que por certo non é nada caro... Bo intento, pero non, non caio na tentación.
UN ARTIGO DE: Alvariño
Gran Colaborador de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
¡Nin un puto comentario! Hai que joderse, con perdón. Xa quedei desanimada para un mes. Ata o día 18-1-12 non volvo por aquí, para o caso que me facedes vai ser mellor que non gaste o teclado do meu pc.
¡Abur e bo nadal!
Tesme que perdoar, pero é que ás veces como os leo antes de publicar logo ás veces olvídome de comentalos. O artigo en cuestión sigue de plena vixencia porque os precios non paran de subir e os soldos e o emprego de baixar, menos para os políticos que eses viven ben e incluso cando se retiran teñen demasiados privilexios. Parece un contrasentido que os que fan as leis son os que se deberían aplicar máis o conto da contención. ¿Onde se pode consultar o absentismo laboral da clase política? Tanto presumen de transparencia pero logo non se aplican o conto, por norma xeral.
O da Navidad, pois unha época no que impera por riba de todo o consumismo. Coido que Jesús predicaba a humildade e non a riqueza....Un contrasentido dunhas datas sinaladas...Que dicir que non saibades. Estou farto de oír e ver anuncios da Nadal dous meses antes. Aggggg!!!!!!!
Desta vez, quedas perdonado pero procura estar un chisco máis atento, que a fin de contas, ¡este é o teu blog!
Publicar un comentario