luns, 24 de decembro de 2007

** FELIZ NADAL E FELIZ 2008. Gracias a tod@s

Neste día de Noiteboa quixeramos desexarvos desde A Lareira Máxica, en especial @s que nos seguides habitualmente, unha moi boa Noiteboa, un feliz Nadal e un próspero ano Novo, no que a saúde vos acompañe que, ó fin é o cabo, é o máis importante nesta vida. Asemade, que o amor inunde as vosas vidas e o traballo non vos falte, nuns tempos onde pagar hipotecas e demais gastos estase a tornar unha misión moi difícil.

Oxalá no 2008 A Lareira Máxica siga contando coa vosa presencia, pois sen vós, este proxecto estaría coxo. Sería un blog persoal e non pluripersoal como tratamos de facelo.

Agardemos que ALM poida seguir adiante no 2008 con maior ou menor periodicidade, pero seguir ó fin e ó cabo. Desde aquí quixera facer un agradecemento moi especial: A Patri, que pese a estar cada día máis e máis ocupada co seu quefacer profesional e doméstico nos bota unha man. Sen ela, este blog non podería terse administrado nos últimos meses. Posiblemente, en breve, Patri nos deixe por falta de tempo. Non é seguro. SEXA COMO FORE GRACIAS POR TERNOS AXUDADO.

Outra peza fundamental sodes os colaboradores, sen vós este blog SI QUE NON TERIA PODIDO PUBLICARSE NOS ÚLTIMOS TRES MESES. GRACIAS TAMÉN. E aproveito para animar a máis xente a participar: podedes escribir de calquera tema que vos guste, agás de política (porque este blog non é un blog para falar de temas políticos: para iso hai moitos e moi bos). Tódalas colaboracións serán benvidas e publicadas. Máis facilidades IMPOSIBLE.

Gracias tamén ós que neste 2008 descubrístedes o blog unha vez e seguístelo visitando máis veces posteriormente. Gracias a As de Ouros, Alvariño, Calypso, Drosophyllum, Eifonso Lagares, Guillermo Pardo, Nacho Mirás, O Moucho, Polizón ou Zebedeo, entre outros (que non se me enfade ningúen se non o nomeo).

Sinto que, ó mellor, poida ser pesado con tanto agradecemeento, pero creo que de ben nacidos é ser agradecido. Que menos pola miña parte. Este é un blog moi modesto que tenta crecer día a día e, toda a axuda é importante para consolidar un proxecto que naceu un 1 de maio de 2006. GRACIAS de todo corazón, por axudarme a facer posible este proxecto de blog colectivo interactivo, como dalgunha maneira o dei en chamar, acertada ou equivocadamente.

Xa digo que non sei se no 2008 ALM vai tornar nunha publicación con outra periodicidade. O que teño claro e que, agás que causas de forza maior, vai seguir.

DE NOVO MOITAS GRACIAS @S QUE A FACEDES POSIBLE. ESTOU ABERTO A SUXERENCIAS (como xa fixo algunha persoa).

CARPE DIEM E FELIZ NADAL



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Patri: non nos deixes muller. Qué vai ser da lareira e de nós sen a axuda que lle prestas a Julio?