** Thalia Teatro....para disfrutar co teatro. Opinión
Non sei se xa algunha vez vos contei que son unha apasionada do teatro. Polo tanto non podo deixar pasar unha representación como a que vin onte, sen facer comentario algún. Os de onte foron 55 minutos do mellor teatro galego en esencia pura. Si, so 55 porque xa sabedes que os perfumes bos veñen en frascos pequenos.
Sobre o esceario tres xoves actrices( Marta Ríos, Rosi Barcala e María Rodríguez) cun prometedor futuro por diante, dirixidas polo sempre incombustible Artur Trillo.
A través da visión de varias nenas e adolescentes, e cunha grande dose de sarcasmo, ironía e por suposto humor, a obra consiste nunha serie de sketchs con profundo transfondo social. Temáticas tan variadas e complexas como o fenómeno do botellón, a eterna utopía infantil do “quero ser grande”, a difícil adaptación que sofren os nenos ante o divorcio dos pais ... están presentes na obra de forma maxistral.
UN ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Xa sei que son unha pesada recomendando cousas pero de veras que se vos gusta o teatro e tedes oportunidade non podedes deixar de ir a ver esta obra. Veredes como non vos defrauda.
E senón, xa mo diredes.
Hola! Son Rosi Barcala e acabo de leer a tua crítica do espectáculo, atopeina de casualidade. Quería darche as gracias por todo o que dis, de verdade, estas cousas son as que fan que teñas ganas de seguir con esto. Biquiños
Joooo, isto si que mola (je je). A Lareira visitada por xente importante (sen desmerecer a ninguén eh).
Grazas a vos Rosi, por facernos pasar tan bos momentos ós que nos gusta o teatro.
Publicar un comentario