luns, 28 de abril de 2008

** Que rabia da cando...!!! TELEFÓNICA = TIMOFÓNICA

Non hai dereito a semellante tomadura de pelo. Prometín no blog Migramundo, do compañeiro internatuta e xornalista Guillermo Pardo, escribir un artigo sobre a miña desastrosa experiencia como usuario co ADSL de Telefónica. Vou tentar ser o máis claro posible no asunto que me ocupa. Espero que o consiga. Imos aló.

O servicio de ADSL que teño é de TELEFÓNICA. Máis coñecida por tod@s como TIMOFONICA. E o mote non é gratuito. Entremos en materia.

Hai dous anos que contratei o servicio. Antes tiña Wanadoo, hoxe Orange. Daquela decidín darme de baixa da compañia francesa. Logo de conseguilo, tras enviar o correspondente burofax e acudir a consumo, pasado un tempo deixei de sufrir os cobros indebidos por parte dunha compañía da cal xa me dera de baixa. foi entón cando contratei TELEFÓNICA. Grave erro.

Os problemas empezaron ó pouco. Primeiro cobrábanme as chamadas a números fixos nacionais fóra do DÚO (teléfono e internet ADSL). Durante catro meses tiven que chamar e poñer senllas reclamacións, nas que me acabaron dando a razón e devolvendo os seus cobros indebidos.

En setembro de 2006 un temporal fixo que a "acometida" do poste de teléfono, quedase mal, polo que a conexión a internet era como o río Guadiana. Agora si, agora non. E a velocidade variaba aleatoriamente. Tivéronme 8 días sen conexión. Chamei infinidade de veces. O servicio de atención ó cliente, MOI DEFICIENTE. Ou che pasaban cun teléfono e non che collían ou che cortaban a línea directamente. Así, sen miramentos nin escrúpulos. Bueno, iso segue pasando aínda hoxe. Logo chegoume a factura e cobrábanme todo. A tomarlle o pelo a outro, díxenme. E fíxenlles devolver o custe proporcional do ADSL. Faltaría máis. Non se pode cobrar un servicio que non se prestou ou se prestou deficitariamente.

E o último ven duns meses para aquí. Entre as 20 e as 24 horas aproximadamente desconéctanme de internet. TÓDOLOS DÍAS SEN EXCEPCIÓN. Ata a data aguantei. PERO TODA PACIENCIA TEN UN LÍMITE. Decidido: acudirei a CONSUMO. En teoría TIMOFÓNICA está adherida ó sistema de arbitraxe. A ver qué pasa.

Polo que investiguei en internet a práctica que fai esta compañía é a dos chamados "microcortes", ideados por un programa concebido para disuadir redes P2P. Na práctica úsase indiscriminadamente uses ou non redes P2P. Menuda gracia a dos "microcortes". ¿Que pasa non paguei acaso algunha factura e por iso me fan iso?. Non. ¿pois entonces porque estas malas mañas empresariales? Creo que é unha práctica totalmente ilegal, se ben o tentan disfrazar como un problema técnico do máis normal. ¿Por que teño que sufrir cortes reitarados e continuados no tempo e perder información ou sufrir inconvenientes se estou pagando por un servicio que debería ser universal un alto custe económico? ¿É acaso xusto? ¿Por que non se persigue EN SERIO este tipo de actuacións mafiosas por parte das empresas prestadores de internet? ¿Por que non se protexe axeitadamente ó cidadán de a pé?

A todo isto a conexión de TIMOFÓNICA págase moi cara. 39´90 máis IVA. Total 46.28 euros. Pero a relación calidade/precio non vai da man, máis ben a calidade sitúase a anos luz do precio.

Se chamas ó 1004 remítente ó teléfono do servicio técnico que non é gratuito. Algo que parece unha ESTAFA. Por lei, como veñen reclamando as asociacións de consumidores, eses teléfonos deberían ser gratuitos. ¿Por que non hai unha lei que faga cumprir todos estes atropelos ó usuario final? ¿Por que tanto interese en defender ou amparar ás grandes empresas ou a SGAE por leis e non os consumidores?

Xa me vexo, enviando outro burofax para darme de baixa de TELEFÓNICA. Ter que esperar 2 ou 3 meses para que te dean de baixa e a nova compañía te poida dar de alta. Entre WANADOO E TELEFÓNICA tiven que esperar ese tempo. E outro problema vai ser que compañía escollo desta vez. Gustaríame R, pero onde vivo en Sanxenxo non hai dita posibilidade. R so existe en Sanxenxo capital e Portonovo. O resto somos de segunda división. Xa se sabe a prestación de internet non é un servicio público senón un negocio....

ANIMO A TODA A XENTE QUE É VICTIMA DESTES ATROPELOS POLAS COMPAÑÍAS QUE PRESTAN INTERNET QUE DENUNCIEN O QUE LLES PASA EN CONSUMO. Asegúrovos que vale moi moito a pena, aínda que poida parecer todo o contrario. Como di o refrán: "un gran non fai morea, pero axuda a conseguila". Neste caso, onde di morea, hai que dicir presión social. E se non nos facemos escoitar, de nada servirá. Coas reclamacións por escrito, Consumo ten constancia e, por ende, o Goberno.

En fin, remato: estoume prantexando seriamente prescindir de internet e de teléfono fixo, e quedarme so con móbil para chamar. Así que non vos estrañedes se A Lareira Máxica un día deixa de actualizarse periodicamente...



AGRADECERÍA OS VOSOS COMENTARIOS MÁIS QUE NUNCA: opinións, consellos, relato das vosas experiencias,compañia que me recomendades (para R non teño cobertura, como xa dixen)...GRACIAS

P.D.: Recomendo que NON SE CONTRATE TELEFÓNICA. O voso bolsillo e a vosa saúde, agradecerano...Se non fas caso daraste conta que TELEFÓNICA=TIMOFÓNICA. Logo veñen as queixas. O que avisa...



UN ARTIGO ESCRITO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

O asunto que contas é de xulgado de garda, para alporizarse e cortar os cables nunha noite de treboada, con premeditación e alevosía. Dígoo polo cabreo, evidentemente. É increíble a impunidade con que actúan estas compañías, ben cebadas á conta de sofridos clientes. Sinto no poder darche outra solución máis que a de R porque non coñezo outra. Nunca me fiei desas outras compañías que alquilan o fío a Telefónica porque me parece que ao final saen máis caras. Confío en que teñas sorte. Unha aperta.

Anónimo dixo...

Vaia, non me extraña que estés...sen palabras.
O máis triste que o fan as empresas supostamente con máis poder, increible. Menos mal que agora hai máis competencia e pódeselle plantar cara.
Tes razón, ante estas situacións hai que presentar reclamacións porque a forma de facernos escoitar, é a forma de facer presión. Moitas veces as nosas palabras levaas o vento porque non escribimos as nosas queixas.
É así continua, os poderosos aproveitan, timan e fan o que queren.
Grazas pola información e polo teu exemplo. é importante porque isto mesmo pasa en moitos sectores e deixámonos levar.
Espero que teñas sorte en todo o proceso e realmente te escoiten e escoiten.
É de pena, inxuto e inmoral que telefónica time as persoas. Espero que nos escoites...

Anónimo dixo...

Non me extreaña que te cabrees, non e pra menos.
Eu tamen tuven algúns problemas con Wanadoo.
Estos atropelos hay que airealos e denuncialos.
Posiblemente ninguha compañia sexa totalmente eficiente.
A min fastidiame moito os operadores virtuales que te marean e non che resolven nada despois de terte esperando moitisimo tempo.

Resentido dixo...

Puedes estar tranquilo que Telefónica a partir de ahora va a cambiar un 100%. Incluso es posible que pongan una tarifa Za-plana muy barata, rapida y sin cortes.

J.Carlos Nesta dixo...

Gracias polo comentario no meu blog. Estou de acordo contigo en moitas cousas das que dis, en case todas, eu tamén son usuario de telefónica, e últimamente estou tendo cortes aleatorios, pero creía q era por culpa do cable do router (a verdade é que teño q cambialo).A parte mala é que o resto de compañías no son mellores, eu aguantei como dúas horas traballando para o servicio de atención o usuario de Orange,iso era un kaos, pero iso e outra cousa. Eu tampoco podo dispoñer na zona de Vigo na que me atopo,de R, senon iríame de cabeza.É a única q ten boa reputación. Se encontras algo mello q timofonica avisa, eu o dudo moito. Paréceme que só queda o que ti dís, ir a consumo e denunciar. Si vas poderías explicarme un pouco o que pos na reclamación, para saber como explicarme e ter o consello dun entendido. XDD. Saludos,non coñecía a lareira, xa tes outro suscriptor, así q non des de baixa internet.

Julio Torres dixo...

Gracias pola túa visita e polo teu comentario.

De momento non me darei de baixa. Estou pensando ben qué facer, pero algo farei seguro. No caso de darme de baixa, avisaríavos con tempo.

Por certo, a atención ó cliente de Timofónica non é para botar cohetes tampouco...

Un saúdo desde Sanxenxo
Carpe Diem