luns, 21 de abril de 2008

** Sinales de tráfico para abrir ben os ollos.....



O seguinte slide de fotos de sinais de tráfico está extraído do blog ToupeiraToupeiro , do xenial Toupeiro, unha páxina chea de anécdotas e de moito humor. Visita recomendada da súa bitácora. Non, perdoade, iso sería pouco. Visita MOI RECOMENDADA. E isto non é broma.

Nesta sociedade tan estresante, agradécense blogs que nos fan rir con anécdotas da vida mesma. ToupeiraToupeiro é un estupendo blog para levar adiante o famoso dito -sobre o que, por certo, escribín un dos primeiros posts en A Lareira Máxica- e que non me canso de repetir: "5 minutos de risa, equivalen a 45 de exercicio físico". Pode que eses 5 minutos non equivalgan a tanto, pero son moi relaxantes e os músculos ¿carrizos? (das fazulas) exercítanse moito e un séntese maravillosamente ben. Sobran cousas tristes nesta vida como para non disfrutar daquelas agradables.

E nesta entrada do blog de Toupeiro, poderedes contestar a unhas preguntas que se fai el, e que servidor tamén as suscribe. E en ALM pregúntovos: ¿Que opinades destas sinales "un tanto especiais"?

E lembra a túa dose diaria de 5 minutos de gargalladas....¡¡¡Que son gratis!!!


P.D.: O blog de Toupeiro non ten desagradables efectos secundarios como as medicinas. Así que aproveitade e visitádeo a miúdo. As vosas gargalladas incrementaranse en pouco tempo. Garantizado. E 100% natural e sen custe algún.



SLIDE DE FOTOS PUBLICADAS NO BLOG DE: Toupeiro
Colaborador de A Lareira Máxica

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Moitas grazas por as tuas palabras ainda que exaxeras un pouquiño.
Unha aperta moi forte.

Julio Torres dixo...

Home un pouquiño, si, pero con motivo porque o teu blog gústame porque me fai pasar ratos moi divertidos. E nótase que está traballado. Parabéns Toupe.


E grazas a ti,
Un saúdo, amigo
Carpe Diem