** Punto e aparte para o blog La Huella Digital
Outro gran blog pecha temporalmente as súas portas. Parece un "virus" o de pechar blogs ultimamente. A semana pasada foi o xornalista de La Voz de Galicia Nacho Mirás quen "clausuraba" -esperemos que de xeito provisional- Rabudo, o blog deste vigués, residente en Santiago de Compostela. Onte foi o turno doutro xornalista, curiosamente do mesmo xornal (edición Coruña) e de igual nome: Nacho. Refírome ó blog La Huella Digital, de Nacho de la Fuente. Bromeaba, claro está, co asunto do "virus". Os motivos tanto dun coma doutro son moi comprensibles: a familia (ambos con fillos moi pequenos), o traballo e a falta de tempo. Motivos suficientes para aparcar temporalmente o blogueiro que un leva dentro. Mandan as prioridades. A tod@s nos pasa o de priorizar. Estes descansos, lonxe de ser malos, son bos. ¿Por que? Porque logo vóltase con ánimos renovados. Evidentemente a adicación non pode nin debe ser a mesma cando unha causa xustificada o impide: chámese familia ou traballo (como nestes dous casos), saúde ou razóns de peso. Por suposto, que os que somos amantes dos blogs, non nos é nada fácil ter que elixir. Pero a cabeza, neste caso, debe impórse ó corazón cando de blogs falamos. Resulta moi lóxico.
Agardo que os dous Nacho, os dous xornalistas de La Voz de Galicia, os dous pais con fillos pequenos, os dous grandes blogueiros (un da literatura do cotián e outro do análise informativo), os dous....humm moitas coincidencias (Expediente X tal vez, jeje). En fin que espero que volten pronto. Disfrutade do voso merecido descanso pero non vos olvidedes de voltar, aínda que sexan reducindo considerablemente o ritmo de publicación de artigos.
UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
O malo deste "virus" non e que estén a cerrar, provisionalmente ou non, moitos blogs, o malo qe que o fagan os de gran calidade.
Isto dos blogs vaite enganchando como unha droga e cando te das conta tes que cortar polo sano.
Eu teño que reorganizarme a menudo para manter as prioridades, pero tendren que baixar este ritmo bloggero cando mellore o tempo e dedicarlle mais horas a bicicleta e o xardin.
Outro blog máis que se toma un descanso, paréceme normal. Xa pasou tempo dende a eclosión da febre dos blogs e agora parece que estamos entrando noutra fase. Din que os blogs enganchan moito. O malo é cando a afección chega a ser absorbente, cando rouba tempo no que se poderían, ou deberían, facer outras cousas. Non sei ata qué punto vale a pena dedicarlle tantas horas a este “deporte” tan sedentario. En fin, cadaquén é moi libre de facer o que lle pete, pero penso que cando se cerra un blog alegando “falta de tempo” é que posiblemente o blog xa estivera consumindo moito tempo. A vida virtual é fantástica pero o aire fresco da rúa tamén. Hai tempo para todo.
Publicar un comentario